Hay una fuente en Quintela
Que nace al pie de un castaño
Quien bebe en la cruz de agosto
Se casará en la de mayo
Eran os anos do
século oito cuando naceu a primeira monarquía da península que comenzóu en
Asturias, e que avanzóu polas terras do que oxe é Lugo e León.
O primeiro rei foi
un lacazán folgazán que chamábase Mauregato. Con él fixeron un trato os moros pra que lles dera un cento de mociñas novas cada ano polo
vrau. Mais habían de ser das máis feitiñas de todas as comarcas do
pais.
Tiña Mauregato na
Somoza de Ancares un encargado que
chamábase SINDO e que lle deran o traballo de atopar dúas docenas de mozas pra que
dentre ellas escollera o Mauregato as mellores o sou gusto.
SINDO encargóu os sous guerreiros que foran polas aldeas e colleran as millores mozas que atoparan.
Logo él quedaríase as que lle parecera ben pra levarllas o Mauregato quen
daríallas ó Califa de Córdoba pro sou
harén de mulleres cristianas do
Generalife na Granada andalusí. Chegaron os soldados a "Medina Benismail," que era cómo
chamaban naquel entonces os moros a Vilar,
e pararon na primeira casa que atoparon e que era dunha familia que tiña
unha filla de nome Celinda moi ben feita e moi lista que taba lavando no riu
cerca da ponte denbaixo. Cuando Celinda chega a casa e vindo os soldados, que
non lle dixeran que viñan polas mozas, púxose a cantar e bailar
diantre deles e tiña tal xeito, gracia e encanto que os mouros quedaron namorados
Xa Celinda adivinou as intencióis dos mouros, e pensou denredalos co conto de que quería
ofrecerlles un baile especial e mellor
sólo pra eles . Mais tiña que facelo no prado das Liñares de noite e a luz da lúa . Saíron todos os
soldados pois era xa noite, e Celinda
díxolles que esperaran quietos e quediños que ela iba buscar o mellor sitio pra o misterioso baile. E foi a escape
atravesandolo riu polo banzado e
escondeuse entre os ramallos o pé da
fonte da Pontiga.

Taba eilí Celinda
xunto poza que fai a cascada cuando sentiu que a xamaban polo
nome:
-Celinda si queredes deixar de pagalo tributo das 100 mozas
o rei mouro, téis que facer o que eu te diga: Téis que ir a fonte de Quintela a
estoupalo pozo da Lameira do tiu Serafín e unha vez
baleiro tapalo outra vez. Logo o pé dun castañeiro verás un xenio con forma de
home e téis que
pedirlle que te dé dos urizos. Botas un
no pozo cheo e colles o outro e tráeslo
eiquí onde min. En cuanto o botes
na poza tú quedarás feita
unha xana miña desta fonte da Pontiga e poderás librar toda a
Comarca do compromiso do Mauregato.
Fixo Celinda o que lle mandara o xenio ye cuando volvía polo carreiro de Quintela o pueblo xa sentiu o ruido da tropa dos moros que marchaban por Daquelado. Era que viñera un recado do Mauregato de deixar Medina de Bismail a toda prisa pois as tropas cristianas atacábanlles nos chaus de Toral. E parece que perderon a batalla e os moros tuveron que escapar hasta máis aló do Manzanal plantando o sou campamento nas cercanías de Astorga.
Así as mociñas quedaron sin medo e co tempo da cruz de Mayo casáronse con mozos cristianos do lugar.