Visitas

contador de visitas .

jueves, 17 de febrero de 2011

A corza blanca





A CORZA BLANCA






Fará cerca de oitocentos
anos que vivía en Balboa un fidalgo de nome Dionisio, que
fora de muta axuda pro rey nas guerras dos moros. E por eso o rey
déralle o señorío dun castelo e unhas
terras no Bierzo e Ancares. Tiña tamén unha casa
de vrau en Canteixeira e desde eilí, acostumaba
saír a cazar cos criados polos montes da Serra de Vilar e
dos Cervantes de Lugo.

Aconteceu unha vez que tando
cazando
corzos cos sous palafreneiros polos altos de Barantés,
sentíndose cansados paráronse nun campizo cheo de
papoulas marelas, escutiando o dulce remor da auga da fonte onde nace
un regato.

É o que logo de feito arroyo vai dar o que baixa brincando
desde a Serra de Vilar e que xuntos fain mairande o ríu de
Teixeira aló enbaixo pola Pontiga, cerca de Peliscos.

O rato de tar tranquilamente
eilí sintiron unha choca e logo un rebaño de gado
co pastor que resultou ser o Chisco da Costa de Vilar,
un mozo  forasteiro sin padres co acolleran no pueblo
como criado pra ir co gado   ye traer feixes de leña.

Taba con eles a filla única do señor do feudo,
que chamábase Regina e a quén
gustáballe o monte.

Era tan blanca e ben feita como unha
azucena e tiña todo o encanto dunha fada de conto. O sou
pelo do color do centeu. Negras as cellas e negros os ollos, pescozo
ben feito e direito, dous peitos rebeldes e firmes e unha
cinturiña de vespa. Pernas esbeltas e péis
pequeniños que deixaban no monte pisadas de nina...

Taba o pastor algo encollido
diantre
do señor e da filla quenes querendo pasá-lo rato
pidíronlle que lles cuntara algúa cousa curiosa
que lle ocurrira por aqueles montes.

Miróulles o Xisco con
aqueles ollos pequenos e desconfiados, rascóuse a cabeza e
quitóuse as greñas que lle tapaban a testa e
decidíuse, dispóis de muto facerse de rogar de
todos, a falar deste xeito:



-Esta mañá de
ben cedo antes de ser día saín da cabana da
Serra, onde durmo mutas veces por non baixar a Vilar nas noites de
lobos Paróuse e
fíxolle un silbo o perro pra que xuntáse as reses
que taban loureando, rascóuse outra vez a cabeza e volveu a
falar:

-Cuando o clarexar o día
tróuxe o rebaño a beber nesta caborca, sobre un
cento de metros abaixo de onde tamos ahora , nunha poza sin Sol porque
tápalo as abrairas e humeiros, atopéi entre o
rastro dos corzos unhas pisadas pequenas, dunha media cuarta das
miñas, como de peis dunha nina de non mais de sete anos.


O decir esto, miróu pros
pés da Regina, e fíxolo tambén Don
Dionisio e os monteiros que trouxera con él. Mais a
atractiva Regina aprestóuse a escondélos no vero
momento e dixo enseguida que os peis déla nun era certo que
foran pequenos...

- A noite - siguíu o
pastor-volvín e escondíme nun sitio do rego por
onde eu sabía que cruzaban os corzos, e cuando taba quedando
medio adormilado, sentín que os ramallos movíanse
detrás de min. Erguínme a modín e cada
vez mais cerca sentín risas e cantos de tres ou cuatro voces
como de mozas, do xeito co fain cuando volven da fonte dos Entralgos
cos baldes da roupa na cabeza pra casa.

Acercáronse tanto que o
parecer me viron e sentín una voz de muller que
decía :
-”¡por eiqui
compañeiras que eilí ta escondido o tolo do
Xisco!

Ríronse de gana todos un
momento, a que máis a Regina, mais o zagal
continuóu:

-Peguéi un brinco pra
velas millor e de repente vin unha corza blanca que saíu
dentre as matas e a saltos fuxíu polo monte, seguida dunha
tropa de corzas do color natural das corzas de eiqui. E por contas de
bramar ríanse entre elas como o fain as mulleres.
Eiquí xa
puxéronse todos a rir sin parar. Mais por fin como viran que
facíaxe tarde, déronlle o pastor un cacho de
carne de xabarín e un trago de viño da bota. Dou
as gracias o pastor e fóuse co gado, mentras Don Dionisio, a
filla e os outros colleron os cabalos que taban pastando no souto
cercano e seguiron ca súa partida de caza.

Entre os monteiros de Don
Dionísio taba Virginio fillo dun vello criado da familia e
que tiña os mismos anos que Regina. O Señor
queríalo como si fora fillo sou, e inda había
quen remoraba que podería sélo. Este mozo
tiña muto aprecio a Regina e taba sempre presto a facer
cualquera cousa que a ela se lle antoxara. Taba namorado da Azucena
Ancaresa,que así a chamaban todos no país , tan
blanca e tan rubia que parecía que o Noso Señor
habíala feito de neve e de ouro.

Mais algúis murmuraban que
podía haber saído de madre gitana, porque Don
Dionisio tamén fora rondando polas terras do Egipto e
viñera deilí cunha nina pequena pra criala en
Balboa. Mais pode que non pasen de faladurías, xa que quen
podía sabelo de certo era o padre de Virginio que morrera xa
facía anos. E que en vida non soltóu prenda a
nadie, nin siquera o sou fillo quen preguntáralle mutas
veces con muto interés polo asunto da filla do amo.


Iba Virginio no cabalo cerca de
Regina, pensando que pudera haber algo de certo no relato do pastor. E
que si así fora, a Regina gustaríalle ter e
manter no Castelo unha corza de color blanco, e que él
podía cazala e darlla pra ela.
Como o pensóu, fíxolo. Quedou atrás,
na volta pra casa, dos amos e monteiros, e tiróu polo monte
outra vez querendo atopá-lo pastor.

Os
outros chegaron a noite a
Balboa e Regina como non vía o Virginio preguntóu
por él pero naide o vira desde que se separara deles no Rego
Dauga.



Nesto que entra no Castelo Virginio
sudando e decindo que era certo o da corza blanca, pois a viran
máis pastores cos que acababa de falar no monte.

Como non o creían xurou
pola virxen e todolos santos que antes de tres días
colleríala viva o morta e daríalla en prenda
a Regina. Esto decindo, armóu a
súa ballesta, e poñéndola o lombo
saíu de Balboa camín de Canteixeira e collendo un
carreiro que o levóu direito a Barantés.

Cuando chegóu a caborca a lúa taba alta e
lucía xa por enriba da Pena Rubia
Virginio era un bon cazador. Agachóuse xunto os salgueiros e
fresnos veciños da rigueira, esperando ca ballesta na mau a
chegada das corzas. Mais pouco a pouco vai cayendo nun atolondamento
parecido o sono, e que facía que o pensamento se nublara e
os ollos cansados e con sono xa viran borrosas as cousas.

De repente despértase do todo ó sentir un ruido de piornos e
de voces delgadiñas que cantaban e falaban entre elas, como
de mozas divirtíndose e que parecían decir :

-“ven anadar debaixo da luz
da lúa na poza das ninfas da Serra.”

-“Ven a fungálo perfume das arandeiras escondidas
na sombra da máxica noite”

-“Ven a gozar ca reina das Xanas nunha quente
noitiña de vrau


Entonces pareceron as corzas brincando desde as matas e tiraron pra
baixo, sempre rebincando, hasta parar na Poza da Pontiga. E sempre na
diantreira e dirixindo, iba a blanca corciña. Virginio
seguíulas e o chegar o Teso da Murteira colleu a ballesta
entre os dentes, e fóise arrastrando a modiño
hasta parar nun sitio que quedaba a tiro da poza.

Asentóuse ben cunha
rodilla fincada na terra e xusto cuando iba a tirarlle a corza
blanca… desapareceron todas da súa vista.


E no sou lugar víu unhas cuantas mulleres, que xugaban na
auga desnudas de todo e que víndolles as tetas cos sous
dazaoito anos fervíalle a sangre polas venas.

Collíanse unhas a outras tirábanse auga na cara,
amargullaban e saían de novo e facían as cousas
que fain as mociñas desnudas cuando pensan que nadie as vei.
De repente no sou encantamento parecíulle que unha daquelas
era a Regina.

Era ela. Aquelos ollos morenos, aquel pescozo garboso, aquela cascada
de ouro que lle chegaba hasta os cuadrís ben
feitiños e pola diantreira... aqueles peitos direitos e
firmes acenando pro Ceo, aqueles péis pequeniños
como dous cachos de neve sin derretir. Era ela.

E cuando Regina saíu da auga oíronse as voces das
outras que cantaban todas a unha :

Xenios do aire, e reis do
éter, vide con nos esta noite.

- Silfos dos montes, vide montados nos vosos carros de roble e traede
con vos mutas larvas das fontes e que chovan por nos como nubes de
perlas.

-Cocos das patacas, gusanos de luz vide con nos como enxame de espritos
da noite .

- Vide trasgos e sátiros, que quen os quere os espera e
cobicia.


O pobre Virginio non pudo resistir
máis  sacudíndose o encanto que o
retiña pasmado mirando as mociñas,
brincóu e plantóuse didiantre de todas.

Rompéuse o embeleso e xa como corzas de novo as
víu escapar en todas as direccióis brincando
polas matas veciñas

Pero a corza blanca
enredóuse nas zarzas e quedáballe a tiro. Cuando
tiña a ballesta tensada outra vez sentíuse chamar
por Regina que díxolle:

-Virginio ¿que
fáis?

Quedóu quieto Virginio e
soltóu a ballesta con medo de mancar a súa
amante. Pero a corza aproveitóu o momento pra librarse de
todo das zarzas, e fuxiu como un rayo ríndose dél.

Maldicindo volveu a colle-la
ballesta
e cunha maña indecible soltóu a saeta de cara pro
souto por onde fuxira a corciña. Sentíuse un
berrido seguindo lacexos que pouquiño a pouco se foron
morrendo…

-¡Ay Dios que a
matéi, perdido de min!

E vota a correr como louco chegando por fin onde ben parecía
que caiera a saeta. Mais non viu ningún corpo de muller nin
de corza. Cuando xa de mañá entra no castelo de
Balboa, e viu que non taba a Regina, sube as escaleiras da torre todo
desesperado, querendo tirarse pola ventá enbaixo. Mais no
mismo momento do brinco, sente quo agarra unha mau por
detrás. Vólvese e eilí taba a mau sin
o corpo de Regina, chea de sangre mais inda ca sortixa que en prenda
primeira o día da festa lle dera…

Versión personal arreglada de la leyenda de Bécquer (La corza Blanca)