Visitas

contador de visitas .

viernes, 28 de octubre de 2011

A invernada na Serra

A INVERNADA Na SERRA

                                                          


Un Boi de Canteixeira que perdérase polo monte da Serra ye andaba polo carreiro da murteira de Pedra Cabalar, cuando atopouse con un Carneiro ye preguntóulle:

-¿Pra onde vai o Carneirín?

-Vou buscando un furaco pra non morrer de friu no inverno que ya ven-respondeu o Carneiro.

-Pois imos xuntos, ye pode que atopemos un refuxo ben grande ye o subeiro pra cuando chova ou neve.

Foron logo andando ye a pouco xúntaselles un Porco

-Busco un sitio pra pasalo inverno

-Pois logo ven con nós.




Iban polo carreiro das fontes de Teixeira cara a Serra ye viron parecer por entre os rebolos un Pato que iba buscando ó mismo, ye tamén xuntouse con eles

Xa taban algo cansados cuando vein baixar por entre os acebáis un Galo que tamén xuntóuselles de gana.

Todos xuntos siguiron po lo carreiro falando entre eles.

-¿Que imos facer? Ya se sinten as primeiras xeadas ¿Onde nos meteremos as noites todos cinco?

Chegados eiquí dixo o Boi:

-A min paréceme que temos que buscar unha cabana antes da noite pois si xea morreremos sin remedio.. Si corremos a escape todos xuntos, pronto poderemos chegar as cabanas da Serra de Vilar que recordo haber tado eu pacendo  por eillí ye  que neste tempo do inverno tarán valeiras.

Mais o Carneiro dixo:

-Eu teño un manto de quente lá . Tou que me doin as pernas  de andar tanto ye poderéi pasála noite sin chegar a cabana que inda tá muy lonxe.

O Cocho tamén dixo:

-A min ó friu non lle teño medo, fozo ye métome baixo da terra ye non teño falta de outra cousa.

A sua vez o Pato declarou:

-Pois eu sentaréime entre os ramallos d’un abedul, unha ala serviráme de cama ye a outra de mantelo ye por friu que faga a noite eu tarei ben quente. Non teño falta de ningua cabana.

Tamén o Galo era da misma opinión, así que o Boi, vindo que non podía cuntar cos sous compañeiros ye que tiña que marchar solo díxolles:

Bueno pois facéi como os de a gana. Eu chegarei a Serra ye drento de unha cabana, farei lume ye pasarei a noite solo pero quente. Logo non viñáis a pidirme que vos deixe entrar.

Ye correndo chegou logo as cabanas ye entrado na corte máis endoada fixo lume ye acomodouse a pasala noite o subeiro pois ya taba neviscando fora.

O pouco chegou o Carneiro todo nevado ye pidioulle o Boi que lle deixara entrar ye quentarse un pouquín

-Non oh, tu teis boa lá pra poder quedar  fora. Non che deixarei entrar.

-Pois si non me deixas entrar toparei contra unha viga que fará caier a cabana ye todos dous pasaremos friu.

O Boi quedóse pensando ye por fin deixóulle entrar pois si non   podera ser pior

Ye deixou pasar o Carneiro.

O rato chega o Porco:

-Deixame entrar amigo que tou xeado co friu

ye si non fozaréi o pé dos postes ye caierá a cabana.

Ye o Boi non pudo facer outra cousa que deixar entrar tamén ó Porco.

Por fin viñeron o Pato ye o Galo pidindo o mismo, pois si non arrincarían as pallas do teito pra que entrara a neve ye o friu.

O Boi non pudo facer outra cousa que deixar entrar tamén a estos dous, ye cuando taban todos xuntos ye quentes puxérose a cantar todos de manera que unha raposa 

 que pasaba por eilí ó sentir o alboroto entroulle a fame de galo, ye púxose a pensar a manera de atrapalo.

Despertou ó Oso que taba durmindo debaixo dos piornos do Mosqueiro ye tamén chamou ó Lobo ye díxolles

-Amigos meus: encontrei unha cabana chea de comida pra nós: Pra ti Oso un boi, pra ti Lobo un carneiro ye pra min un galo.

-Ta ben logo-responderon a unha os dous amigos-lévanos pronto para matalos ye comelos.

A Raposa levóulos hasta a corte da cabana ye o Oso dixo ó Lobo

-Entra tu diantre.

Pero o Lobo:

-Non oh, entra tu primeiro que eres o que teis mais forza

O Oso foi entrar o primeiro mais o Boi embestiulo ye clavoulle os cornos quedando o Oso atrapado contra a parede; o Carneiro doulle unha topada na barriga que dou con él no suelo; o Cocho arrincáballe o pelexo, ó tempo que o Pato picáballe nos ollos ye o Galo sentado no alto dunha viga gritaba a todo pulmón:

-¡Deixáimo pra min! ¡Deixáimo pra min!

O Lobo ye a Raposa ó sentir os gritos de guerra do Galo, colleron medo ye votaron a correr. O Oso ascasí pudo escapar tamén ye cuando alcanzou ós dous compinches cuntoulles as suas penas:

- ¡Si souperais o que me pasou eilí drento! Nunca na vida pasei tanto medo. Namais entrar na corte votouseme unha muller con unha forquita ye clalvoume na parede. Veu dispois un tropel que non paraba de darme golpes ye picotazos no corpo ye nos ollos.

- Mais o pior de todos era un que taba no mais alto que non paraba de gritar:

-Deixáimo para min! ¡Deixarmo para min!

Si éste chegara a collerme tedes por seguro que morro colgado da viga.

-