Visitas

contador de visitas .

martes, 8 de marzo de 2011

ENTROIDO






No martes daquel Entroido
disfracéime de gitana
entrei na aira do baile
ye co meu mozo eu bailaba

- Gitana, miña gitana
dime por Dios a verdad
bótame a min a  ventura
o que eu teño que esperar

-Tu bon galán sí que o eres
ye con meco falas ben
mais teis un defeuto grande
que eres falso no querer:

teis comprometidas duas
as duas comprometidas
unha rubia outra morena
ambas duas ben feitiñas

Ca rubia nunca te cases
que che fara un desgraciado
casa millor ca morena
ye serás afortunado

-Eu casaréime ca rubia
inda que sea desgraciado
ye non irei ca morena
inda sendo afortunado

- Déixote rapaz , xa marcho
miña familia me espera
si queres saber quén soio
era a túa moza a morena