Tanto claror fai a lúa
Como o sol ó mediodía
Cuando sai o Bernaldino
camín do Campano iba..
Atopa unha moza mora
Na revolta da Pruïda
Túvola por sete anos
Bernaldino por amiga.
Cumplidos os sete anos
Bernaldino que sospira
-¿Sospirache Bernaldino
amigo que eu máis quería?
¿ O é que teis medo os moros
O arímate outra amiga?
-Que non teño medo os moros
nin arímame outra amiga:
que eu cristiano ye tu mora
facemos muy mala vida;
que igual ca xixa nos venres
na miña ley non cabías
-Polo tou cariño amigo
fareime cristiana pía:
si quixeras por muller