Visitas

contador de visitas .

domingo, 18 de septiembre de 2011

Romance de doña Blanca

ROMANCE DE DÑA BLANCA

Un  siñorito do Vierzo                                                                   
Que Fadrique se chamaba
Foi titulado marqués
O sétimo da sua Casa,

Cobiciábase de Branca
Noviña muller galana
Que casada  foi con Nuño
Capitán da sua mesnada.

Manda o Marqués ó marido
Pras suas terras zamoranas
A preparar pro sou Rey
que en grande Imperio reinaba
Novos decreutos cristianos
con  grandes guerras ganadas.
Ye tando fora o marido
Dormir ca sua doña Branca.

Xa vai Fadrique a modín
Onde Branca tiña a cámara
Veila o descuido durmindo
Ye vótase na sua cama
Ye eilí fartouselle ben
o vicio  que lle queimaba.
Logo tando no pé déla
A espada que desenvaina
Ye acenando pras suas tetas
Desta manera lle fala:

-O tou Siñor soyo e  quérote
O meu lado namorada
Si queres  ser miña amante
Seras rica ye estimada
Si non eu te mataría
Con esta aguzada espada.

-Non farei eso de gana
Pois como soyo casada
Pra nada quero a mía vida
En víndola  deshonrada

-Se non fais o que eu che digo
De ser miña namorada
Matarei o tou criado,
Metereilo na tua cama
Ye logo mátote a ti
Deixándote mal pagada
Ye direi por todo o Vierzo
Con quen  o Nuño engañabas.

Vindo  esto a probe Branca
Que tanta traición pensaba
Entregouse a don Fadrique
Por ser menos deshonrada

En cuanto o Marqués fixera
Aquelo que cobiciaba
Colle o camín de Madrid
Por non toparse de cara
Co sou vasallo don Nuño
Que de Zamora tornaba.

Baxa Nuño do cabalo
Ye a sua muller abrazaba
Mais Branca  entre choros cúntalle:

-¡Ay meu home queridiño !
Que teño perdida a  fama
Que pisadas de home alleo
Dixosaron a tua cama.
O malvado don Fadrique
Veu a noite a tua pousada.
Abrinlle como a Siñor
Ye deixoume disgraciada

Eu castigareime o corpo
Ye rezo por miña  i alma
Pra que nunca outra  casada
Volva a caier engañada.

Estas palabras dicindo
Vótalle mau a unha espada
Que muy tapada a traía
Debaxo da sua saya
Ye nos peitos se lla crava
Que de véla daba llástima

Eilí dispois no momento
Caieu morta doña Branca.
En víndola así o sou home
Amargamente choraba
Sacóulle chea de sangre
Aquela malina espada

Inda tíñala na mau
Cuando don Nuño xuraba
De matar a don Fadrique
Ye darlle lume a sua casa

Drento duna caxa negra
O corpo a enterrar levaba
Chorando polos sous ollos
Ye pola boca falaba:

-¡Ay vercianas ay vercianos!
Ter dó da miña disgracia
Que o porco de  don Fadrique
Fou fozar na miña Branca
Ye que  aquesta   gran deshonra
Fixo que ela se matara;
Temos que nós castigar
Tamaña afrenta villana.
Vindo aquesto  todo o  pueblo
 Os homes collen as armas
Ye vanse pra a Capital
Onde don Fadrique taba
Ye danlle golpe mortal
Ye queimanlle a sua casa

Ye os sous parientes na vida                                                   
Víronse por Villafranca.
.
Versión libre de Anónimo