Visitas

contador de visitas .

viernes, 22 de octubre de 2010

O edén do Walí




Fai mutos anos, cuando Almanzor conquistou as terras astur-leonesas, gobernaba na maragatería un Walí que tiña muto poder ye riquezas.

Nas súas correrías pola comarca chegou o pueblo de Turienzo ye gustándolle o sitio fixo dél unha segunda residencia pro sou deleite ye descanso.

Como él era de Granada quixo convertir este pueblo en outro Generalife, ye mandou facer unha explanada ye construir nela fontes arabescas ye plantar palmeiras, moureiras ye todo tipo de frutáis , todo regado polas augas do riu
Turienzo.


Paraba no Torreón dos Osorio ye dende eilí impoñía os somozanos ( Turienzo tá na comarca maragata da Somoza) os sous rezos ye cantos ye a poligamia mahometana.

Os homes non lles gustaban esas cousas nin tar debaixo do extranxeiro Walí , ye fuxiron cos sous gados ye facendas pros montes de máis o Norte onde inda non chegaran os moros, ye pararon  nas ribeiras altas do riu
Burbia onde asentáronse facendo aldeas. Ye eilí refixeron a vida.


Entremedias  en Turienzo  o walí taba muy contento co sou edén ye pensando que un paraíso sin huríes non tiña gracia pra Alá (nin pra él) mandou a parte dos sous guerreiros ir buscar rapazas cristianas por todo lo territorio escollendo as máis feitiñas ye inxeniosas

Foron pois  unha partida de moros buscalas chegando hasta o Cantábrico. Eili, na terra dos pasiegos quedaron prendados das mozas pastoras que lles pareceron non ter igual.


Así logo  escolleron un par de docenas de mozas ye escaparon con elas dando a volta pra Turienzo. Ye cruzando valles ye montes chegaron os Ancares . Ye pararon nun sitio entre dous ríus que lles pareceu endoado pra descansar algúis días.



Non pasaran inda dous cuando viron vir un pescador da Villa que lles dixo que os moros quedaran desfeitos en Clavijo ye que o walí de Turienzo morrera na batalla

O sentir esto pensaron os guerreiros que ya non tiña sentido levar as mozas máis aló ye as deixaron no que despoís chamouse a Somoza Berciana.

Ye daquelas mociñas primeiras vein as vilaregas de hoy en día.