Visitas

contador de visitas .

jueves, 5 de noviembre de 2009

O Xenio da Libertad

Historias do Fiandón



O escurecido, despois de traballo diario nas terras a mocedad e tamén algúis grandes ( non había tele ni arradio nin tragaperras nin discotecas) xuntábanse nalgúa das amplas e acollidoras cociñas baxas do pueblo, como a de Sagrario no fondo do lugar.

Hasta xa ben entrada la segunda cincuentena do século pasado, perdurou a costumbre do fiandón ( que así xamábase a estas xuntadas que noutro tempo foron compostas por fiandeiras) nas aldeas do Bierzo.


Eilí a pé do lume e ca luz dos gabuzos (paus de uces secas)mentras unhas mazaban, outras fiaban , outras e outros, entre traga y trago da bota de viño que nunca faltaba , cuntaban curiosos contos e historias do tempo.

Eran contos sabidos que no fondo taban pra manter o sistema de vida que sempre xirou o redor da familia tradiccional e extensiva.



As doce ou a unha marchaba a xente pras súas casas a descansar cuando era tempo de gran traballo. Pero as veces os sábados ou vísporas das festas chegaba o fiandón hasta entrada a mañá do día siguente

Como queira que fose xa, cuando os niños quedaban dormidos e as maís vellas casi qe tamén tombadas nos escaniles de rebolo negros do fumo, algún mozo novo abría de caladas o cuarterón da porta facendo que os gabuzos morreran . Era o tempo de palpar as tetas as mozas que protestaban aunque case nunca muto.

E así pasaba o tempo sen malicia e caundo xa se sentía el trócala trócala das galochas e zocos da xente lugar arriba cadaún pra súa casa, víanse xa as primeiras luces no alto de Campano...

Esta serie trata das historias cuntadas o que podían haberse cuntado nestos fiandóis. Refeitas personalmente na fala vilarega.

A serie ta aberta, como toda a páx web, as colaboraciois de quen ricorde contos e queira que se poñan eiquí

E vai o conto: con


O XENIO DA LIBERTAD

Fai muto tempo que nas terras dos frius montes de Ancares , onde os nublados envolven a xente , vivía un guerreiro co pelo color como o ouro, e pelica blanca como a neve no inverno, corpo axeitado nin alto nin baixo. Chamábase Itug e andaba cunha espada no cinto e unha gaita no lombo. E cando con ela tocaba a defensa, todos os homes poñíanse en pé tal si foran guiados a morte mais noble: a que os levaba a Grande Verdad.

No Chao Cimeiro había grandes fogatas prendidas e a xente do pueblo bailaba o redor. Era a Festa da Lugnasad . Itug desde lonxe miraba na noite esos lumes, esa festa ofrecida pros Astros e a Terra. Os druidas sentados o lado da xente non falaban e taban serenos. Eles eran os guías de todalas tribus do Castro.

Os bardos tocaban muiñeiras facendo quo aire vibrara nas ramas dos altos pradairos.
Había iu-hu-hus galaicos e astures e a sidra corría, e xuntábanse todos nun múxico grupo.

Itug o guerreiro recordaba o tempo en que él e a sua moza bailaban nas danzas dos ritos da Sega, das Sementeiras, da Terra e dos Solsticios de vrau. E ahora taba solitario polo gusto, mais sabía que taba no camín da Santa Libertad logo de luitar contra os forasteiros invasores que pregaban nos templos de pedra e vivían nas costumbres paganas e nos falsos formalismos hipócritas.. Mais esa luita levarra a sua xente polo medio dos vellos negrillos hasta un despertar cunha nova e magnífica alba do mundo na paz e irmandad.

A Itug lle costaba de crer que os señores de pra aló dos altos montes pregaban a dioses feitos por eles en casas de mármol en contas de facelo nos montes, no castro, nos rius, ou nas fontes, que son os templos da paz sin fronteiras onde o guerreiro fidel é levado as rodeiras dos luceiros no Ceo nas noites claras desde o medio do corro de pedras.

O sabido maiestro Aibrub, o Gran Druida, un vello guerreiro, enseñóulle o respeto por toda las vidas, inda as das herbas pequenas, e a seguir sempre e con todas as cousas o que enseña a Natura. E si había que coller algua cousa da misma, debía volverllo aunque de outra manera o sou peito materno.

Mais non creian así aqueles homes de praló dos altos montes, quenes non respetaban nin rebolos nin chopos, e facían grandísimos templos e luxosos palacios pros sous reis e sous papas.
Así nunca poderán achegar o mundo verde e verdadeiro onde tá o principio de todas as formas, pois o sagrado elixir namais brota no fondo do comulgo con todo ser vivo.

Itug sentíu un ruido que lle recordou outro tempo en que houbo luita fera e cruenta, cuando a sua muller facía frente os que invadiran o Castro. El taba no monte e cuando baixou víraa xa moribunda no prado das Moas.
Os cascos dos asturcones resoaban arimándose o castro e viuse relampaguea-la espada de Itug o lume das fugueiras e soubo que xa lle chegara a sua quenda. Os druidas levantáronse chamando polas forzas do vento, dos teixos , das encinas ,dos negrillos, dos castañeiros, dos robles...Todos os homes foron a unha a chamada dos druidas e cas suas cuirazas de ferro forradas con pel de becerro saíron pra Pena Alta, facendo chocá-las espadas, as fouces, os mazos, os machados e as rodelas de ferro.

E o Xenio da guerra entrou neles o sentir o tocar dos tambores e as gaitas retumbando nas paredes dos montes camposos e das escaleiriñas do Ceo, e chamando desde enriba a luitar pola Libertad hasta ter dulce morte.
Taban xa no peor da batalla e sentiron que non había rencor nin instinto de dominio nin morte. A voz imperiosa da terra xamaba pola volta de algúis. As espadas baixaban como rayos e cunha forza que espantou os riños invasores. Acabouse a luita. As lexiois forasteiras sentiron todaloa raza do poder do Esprito de Lugh . E fuxiron a escape polo valle do Burbia sin parar hasta pasados os vados do Sil.


Cuando o Sol do novo día alumaba xa cedo na mañá, oiuse un canto que foi facéndose grande ca xente que se xuntaba no corro. Non cantaban a Vitoria nin os mortos de mutos nas valiñas e ucedos por onde fora a refrega.
Cantaban por haber conseguido manter os sous homes e montes no Conocemento verdadeiro e na Libertad sagrada. Ofreceron a Vitoria as pedras do Castro, o Encinal, os paxaros da Valiña, as terras do Noguedo, as nogais dos Entralgos, os cireixos da costa, as augas da Lameira, a todo o que mantiña nos sous peitos nobles as enerxías da Terra e que guiaban polo camín verdadeiro dos Druidas.

Cantando baixaron hasta mais aló dos prados do Pedragalón levando o lombo os que cayeran. Fixéronlles a despedida e pousaron os sous corpos no Burbia sagrado pois así volvíanllos a Terra en forma de pedriñas de ouro. E sabían que o sou recordo duraría por sempre como perduran aquelas muxicais augas eternas E todolo pueblo xuntouse esa noite o redor dunha lume, dunha gran fogueira e, dentro dun corro de pedras gigantes, fixeron as honras os guerreiros que tarán xa por sempre no recordo das tribus .

Itug, o bardo guerreiro taba dereito no medio de todos.
Eilí entre os sous irmaus, xentes sin medo nin ataduras, debaixo dun Ceo de lueceiros, o Xenio dos celtas apodérase dél.

Itug colleu a gaita e mentras dela saían as noutas divinas cantou:



De muy lonxe veño traíndo conmigo


Todo o que foi
Antes do primeiro alento.
Como o vento no medio do monte
Atopei cama e comida.
Eilí mismo a Noite
fíxome o sou millor querido
Pois nin siquera a sombra mais oscura
pode tapar os máximos secretos.

Soyo o mazo que escacha o aceiro das fortes cadeas,
Soyo a cacha sagrada
Que invoca o fumeiro que brota do lume.
Soyo a mau do guerreiro,soyo o alto invisible
desde onde abalánzase a aiga
a conquista-lo ceo

Soiche Lugh, a inspiración mairande
e quen en mi se perde
atopa o Universo