Visitas

contador de visitas .

sábado, 10 de abril de 2010

VITO




O MEU PADRÍN VITO


Victor Gutiérrez Abella, o meu padrin Vito.

Vito, aparte de ser no pueblo a persona que máis sabía das abellas ye tamén  de inxertar castañeiros e cireixáis,  de  plantar nogáis ,  caroceiros , ciroleiros, figáis… no tempo justo en que seguro iban prender, era un mineiro profesional ye un xardiñeiro con xeito, que gastaba un humor muy do sou ye unha ironía (que as veces a xente non entendía ye dician que era "arromatado". A min alguas veces pásame igual) Era o meu padrín.

En tempo do inverno, aló polo xaneiro, eu quería dormir na casa da tía Marina pra ver o que me deixaban "os reis do padrín".

Era o padrín máis rumboso de Vilar ye namais Domingo o da tía Lucía, o vir de Francia, podíase acomparar a él.

Vito a mais de aquelas pistolas das restralletas das festas e que levaba con él cuando iba cas vacas o Pedragalón ye das que Loy me gastaba as duas tiras nunha tarde, regalóume un tractor de corda ye un mono bebedor que inda o teño ye o  quero como un dos millores regalos de cuando rapaz.

Todo o que era dél era tamén pra nos: a sua leña, a motoserra, o trespes, as tenazas, os trebellos  pra matanza… A min tamén ayudábame a catar a mel… todo.

Por muto que eu fale nunca poderei dicir todo o cariño que merece da miña parte en pago polo  que él dou a miña madre cuando de sua comenzou a enfermar (Tamén dáranlle cariño Félix, Lecio, Pepa ye Tiolindo, Petronila, Rosario, Lucía, a tía Rosalía… ye todo o pueblo)

Iba tamén onde él  cuando tiña que poñer paz na sua casa o noso primo Juan.

Chegaba dicindo:

- Haber óh, terás que vir hasta embaxo a poñer paz, óh, terás que vir.

-¿logo que vos pasou esta vez?.
-¡E que con ese nun se pode vivir óh! nun se pode vivir…

-Tou cheu de vos, siempre vos tais aleando, é a última vez que vou, tedes que levarvos ben, home, tedes que levarvos ben, entre irmaus hay que levarse ben.

-¡Anda óh! anda, teis que vir.

-Alá vamos, irei logo.

-De paso deixame unha agulla da lá.

Vito quitaba a gorra ye dáballe unha agulla que levaba prendida pola parte de drento.

-Esta nun me sirve hó, esta nun me sirve, ten a enfiadura pequena.

-Toma esta logo, pero teis que ma volver que nun teño outra.

-¡Nun cha volvo óh!  nun cha volvo. ¡Nin cha pago tampouco óh! nin cha pago.

-Ya acostumbras. Anda vamos logo, Pero hay que levarse ben.

A él tíñanlle respeuto ye por unha temporadiña poñía paz entre eles. Era a única persona ca que non se enfadaban, nin lle deixaban de falar inda que lles rombara.

Tamén cuando eu saía tosendo o corredor, logo de unha noite de festa decíame:

-Así, así, fuma, fuma.

-Ya fumo padrín pero nun me pasa.

-Lástima nun fumaras xurbia envolta en un papel de periódico.

Gracias padrín por ser como eras, gracias polo tou cariño ye polo tou querido recordo. Gracias por todo.

"Pancho"