Visitas

contador de visitas .

domingo, 20 de junio de 2010

O lobo ye a Ovella



Por Alfredo Poncelas.
(In Memoriam)

Ehí por abaxo temos un muín que ten un prado grande o lado. Ye había unha ovella con un cordeirín pastando eilí.

Como ya se facía de noite, o cordeirín desconfiaba que iba vir o lobo ye decíalle a mai:

-Vamos madre, que vai vir o lobo.

Ye a ovella respondíalle:

-Pace, pace outro pouquíchín.

Ye a ovella veña comer, veña comer... Cuando pasaba un pouco, o cordeirín outra vez:

-Vamos madre, que vai vir o lobo.

-Pace, pace outro pouquichín.

Ye así deste xeito hasta que chegou o lobo. Entonces botáronse a correr, pero a ovella douse conta de que o lobo corría máis, ye díxolle o lobo:

Mira agárrate ehí o rodesmo do muín, ye eu bótoche o cordeiro pola canal.

Ye bueno, o lobo foi e abrazóuse o rodesmo do muín; ye entonces a ovella e ver de lle botar o cordeiro, botóulle a auga.

Entonces o muín empezou a dar voltas, a dar voltas ... Ye o lobo dicíalle:

-¿Para bailón se queres ou non,
  para bailón se queres ou non...!
  ¡Para tarabelo
  ye senon que te leve o demo!

Hasta que morreu eilí o lobo dando cabezadas contra as paredes do muín.