Visitas

contador de visitas .

viernes, 20 de noviembre de 2009

O Noso Señor das Ribeiras do Burbia

O NOSO SEÑOR NOS ANCARES DO BIERZO


                                                                               


Fai muto tempo que houbo un poblado de xentes extrañas e riñas no que o presente tán as terras de Lentelláis e os prados das Moas. Aquela xente non era nin con muto tan acollidora como foron despóis e inda son as xentes do presente en Vilar.

Cúntase que un home que dicía que era o amo das Augas, do Tempo e do Fogo, chegóu o pueblo, de paso pros Ancares galegos, medio morto de fame unha fría tarde de Xaneiro. Comenzóu a nevar e pidíu pasá-la noite o subeiro nalgúa casa de pedras e palla. Maís naide dos que mais tiñan quixo acollélo.

Namáis o tíu Simenón que vivía ca súa muller e unha filla noviña, que chamábana Sara, no que naquel tempo era o Pico do Lugar, atendéulo, deixóulle quentarse no escano o pé do lume, e dóulle unha copa de oruxo de arandos e un cacho de ceciña de corzo con pan. Logo deixáronlle un par de banizas de palla pra que durmira no quente da corte cos bois e cos porcos.

O día siguente de mañá dou as gracias o home e, sin querer abusar dos poucos recursos desa boa familia co acollera no día de hoite, marchóu o lugar abaixo pidindo unha cobertura e algo de queixo pra seguí-lo viaxe.

En contas de axudá-lo, acantázano e azuzan os perros que rompénlle as roupas e cuando xa parecía que iba morrer cas dentelladas dos cáis sálvase atravesando as xeadas augas do ríu que abriron camín a unha seña súa, zarrándose logo de forma que os perros non puderon persegui-lo porque quedaron atrapados debaixo das augas xeadas. Xa cuando se víu a salvo dos canes, que morreran afogados,sube o camín da Veiguiliña e póise a descansar un pouquín na fonte do Rodo.

Eilí bebe auga e repóise e collendo todo o aire que pudo soltóuo de golpe dun soplo, que transfórmase en lume.

Quedóu todo o pueblo envolto nunha nubre de fumo



Quedóu todo o pueblo envolto nunha nubre de fumo. E prenden as flamas na palla das casas, nos palleiros e hórreos, queimándose todo menos a casa do tíu Simenón. Fáise noite e durme debaixo de unhos fulgueiros o quente dun lume que fixo o pé dos rebolos do Rodo, e o día siguente baixa a entrada do pueblo queimado aquel home quo enthoite non atopara nos outros ningúa compasión. E de novo lles dice que Él era o amo do Tempo, das Augas e do Fogo.

Algún dixo que debía de se-lo Bautista ou o mismísimo Cristo e por eso que as xentes ben cheas de medo arrodíllanse e lle píden clemencia.

O home dixo que pra perdonarlles, tiñan que sacrificar cada día durante unha semana, unha moza que fora inda virxen, escolléndoa a sortes e afogándoa na poza do Inferno cunha pedra atada o pescozo

Tocóulle de ser a primeira en morrer a Sariña do Pico do Lugar. Mais vindo os choros da familia que o acollera na noite primeira que chegara o poblado, perdonóulos a todos maís mandándolles vivir sempre vagando polo mundo.

Solo quedóu a familia do Tiu Simenón.

Deili a pouco chegaron outras xentes pacíficas e traballadoras que levándose ben ca familia que quedara refixeron todos xuntos un pueblo algo máis arriba entre os ríus de Porcarizas e Teixeira. Xámarono Vilar e, enterados polo tío Simenón da historia do Cristo , sempre foi un dos pueblos da zona que mellor acolleron as xentes forasteiras que chegaban ou que pasaban polo pueblo.