Visitas

contador de visitas .

viernes, 15 de octubre de 2010

A raposa ye a culebra




Cuntan que un paisanín  de Vilar, un día de primavera   cuando iba pras terras  de patacas de Lentelláis  co carro cheo de abono po lo  Pousadoiro , viu unha culebra  que quería sair do furaco  entre duas penas onde se metera pra pasar a estación fría,   ye non podía sair porque habíase engordado  muto no sono do inverno.

Dóulle pena da culebra ye collendo unha forquita  do carro ,meteu o mango polo furaco ye  pudo levantar algo a pena de por riba  A culebra saíu libre.

Iba o home a sacala forquita  cuando a culebra poinse cara él ye dícelle que, como ten fame atrasada, vai  matalo co sou veleno  ye comelo eilí mismo. Porque é verdai –dixo-  que  neste mundo págase mal por ben  ye o revés. Logo é de razón  comerte pra mata-la fame.

Ye senón vamos preguntrar os tres primeiros que atopemos  a ver si é de  razón que te coma. “Si dous deles tan a favor  cómote  ye si non poderás irte libre.


Pasou primeiro un xabarín  que doulle a razón a culebra. O mismo fixo un lobo que pasou o segundo dicindo que non podía irse contra o destino ye na terra de lobos había que aullar como todos. 

Ya tiña o home a condena segura pero ascasí  pidiulle a culebra que preguntara tamén o terceiro que resultou ser unha  raposa.

Púxose a pensar  a raposa ye dixo que pra facer ben as cousas había que empezar po lo pincipio ye revivir os feitos. 

Tuvo conforme a culebra ye volveu a meterse no furaco pra que a raposa  podera dar  a súa opinión con fundamento. Mais o home aproveitou pra quitala forquita  ye, o xuntarse as duas penas outra vez, quedou a culebra layando drento, onde en pouco tempo  morreu de fame.

Doulle as gracias o home a  raposa ye  dícelle que lle pidira algúa cousa que lla daría con gusto en pago do gran  favor  que lle fixera.

A raposa responde que muto lle gustaría  cear unha pita ca súa polada

Acetou o  home  ye dixo que iba o  sou corral  po-los polos ye a pita  ye que esperase un pouquín de nada  que pronto volvería.




Deilí a pouco volve o home con un cesto tapado con  herba da corte ye  dícelle a raposa : Tu baxa o prado xunto o riu  que   que eu  vou tirando os polos ye tamén  a pita.

Váise a raposa relamíndose  ye cuando chega o prado ,  o home destapa o cesto ye salta un lebrel  que , o ver a raposa , saíu disparado tras ela, que mentras  escapaba  iba dicindo:


Arriba patas
Arriba zancas
Que neste mundo
Todo son trampas.

(versión personal de un cuento ancarés recogido por  AQUILINO PONCELAS )