Visitas

contador de visitas .

viernes, 8 de abril de 2011

A truita Blanca


A truita blanca.Fai muto muto tempo que cerca da Serra de Vilar vivía unha rapaza muy feitiña e que mantiña relacióis cun bardo fillo dun poderoso druida . Nun chegou a casar pois ó mozo colléronlo unhos crimináis e cimbráronlo desde O Teso da Morteira con tanta raza que chegou o corpo do bardo hasta a Poza da Pontiga, onde afondóu e quedóu morto naquelas frías augas.

Enteróuse a mociña e foi tanta a pena que lle entróu pola perda do seu home que volvéuse louca e nun facía outra cousa que chorar e chorar sin que naide podera darlle consuelo ni remedio pro sou dolo. Un día perdéuse polo monte sin deixar rastro e a xente pensou que a levaran os trasgos de Peliscos con eles.

Pouco despóis, fúi víndose na poza e polo riu de Teixeira cerca da Ponte do Pico do Lugar, unha truita toda de color blanco. Iba polo riu abaixo e algúis cuntan que a viran chegar hasta o arroyo de Balourio onde víronla facer un rodelo déses que póinse as mulleres na cabeza pra traer os caldeiros ca roupa lavada do riu. De primeiras facía raro as xentes ver una truita blanca, mais de tanto vela riu arriba e riu abaixo , que acabaron afacéndose a ela, e o pouco tempo xa nun les facía novedad ningúa.

Pasaron anos e anos e xa nin os mais vellos recordaban cuándo fora a primeira vez que viran a truita blanca que algúis creían que era unha Xana das augas da Serra.
Hasta que un día chegaron unhos homes militares muy brutos e sinvergüenzas. Cuando se diron conta de que había polo riu unha truita blanca foron por ela a pescala e ca intención de comela naquel mismo día na cea.

Armaron a nasa no ríu, cerca da Rigueira do Ucedo aquela misma mañá e pola tarde antes de facerse noite foron por ela. Eilí mismo fixeron lume aguzaron un pau de fresno , puxeron a truita na punta e comenzaron a asala. De repente escuitaron un berro como si fora a queixa de unha persona dolorida. Logo do susto primeiro, seguiron dando voltas a truita no lume mais ésta non parecía fritirse.

O militar mais animal, colleu a bayoneta e clavóulla cerca das agallas da truita por ver como taba por dentro. Taba cruda de todo, mais a truita dou un berro e un brinco e eilí mismo na terra do prado apareceu una moza muy feita toda vestida de blanco, cun rodelo todo de ouro no pelo, e que berroulle ó soldado:

-¡Mira que me fixeche animal!

Ó tempo que lle enseña un brazo todo roxo de sangre.
-¿Costábate tanto deixarme fresca no riu onde me atrapache?¿Cómo no pensache que eu eilí na auga taba cumplindo un traballo?
Colleu medo o soldado e disculpóuse pa que non o matara, como xa él taba rumiando que faría a moza.

-Non sabía que tuveras facendo cousa de importancia ¡ Perdona!

- Pois mira sí. -Respondeulle a rapaza- Si o meu home chega tando eu fora da auga, eu fago que te volvas pez perseguido por sempre por min.

Cuando sentiu esto, o militar agáchase os pés da rapaza, pídelle perdón, dícelle que lle pesa e que si soubera a cousa, a houbera deixado nas augas de onde a collera. Entonces a moza eilí mismo volveu a facerse truita blanca. Ó soldado colleu unha cazola con auga limpa, meteu dentro a truita e deixóula no riu xunto ó Muín de Santiago.
 A truita nadou riu arriba deixando un rastro de sangre hasta chegar outra vez a Poza da Pontiga, onde desde entonces víuse por muto tempo brincar a truita con unha seña roxa no lombo, xusto onde lle fixera o corte ca bayoneta o botarate do militar.




martes, 5 de abril de 2011

O Home Lobo

homelobo



Fai muto tempo que vivía nunha aldea de Cervantes (Lugo) un home de mal carácter e que enfadábase por cualquera cousa . Ese home tiña un fillo o que lle guataban as festas e as mozas mais que era tamén un gran amante do traballo. Mais o padre non lle gustaba que o fillo si divertira, pois pensaba que as festas e as mozas cuando mutas debilitaban pro traballo duro diario.

 Un día o mozo quería ir a unha festa cuando o padre pensaba terlo conél pra facer unha queimada no monte. Discutiron hasta que o padre enfurruñado berróulle o fllo:

-¡Pois vai a festa si queres e como vas tras as mozas queira Dios que andes tras as lobas!

Esa misma noite o mozo despertóuse mutas veces e como non podía descansar vestíuse e saíu a eira. Sentía que unha forza desconocida o chamaba o monte. Unha vez eilí e sin saber o que facía o mozo revolcóuse na herba mollada polo rocíu da noite. Cuando quixo poñerse de pé viu con medo que namais podía andar a cuatro patas e deste xeito empezou a correr polo monte , aullando como un lobo e correndo detrás das lobas. 
Mais tarde no pueblo empezouse a falar muto da perda do mozo e tamén de un lobo rañoso que atacara a varios cabritos e matara algúis carneiros. O padre do mozo empezou a pensar no asunto, acordouse da maldición quelle votara e preguntouse si aquel lobo non sería o sou fillo que marchara de casa. O homo fui ver unha vella que dicían que era meiga e o contarlle a cousa e a discusión que tuveran entre eles, a meiga díxolle:

Ay, home! que a maldición do padre é o pior que pode haber. ¡Un home non debe nunca maldicir a sua sangre! Inda hay unha saída mais non é nada fácil pois si non o fais a modo podes facer que morra o tou mozo...E tamén pode él matarte poiscomo fiera que é perdeu todo o sentido de home

-¿Que teño que facer entonces?-Preguntou o vello.

-Trata de facerlle algo de sangre, mais non muta pois o corte quedará pra cuando volva a ser home.

O padre doulle as gracias á meiga e marchou pensativo pra sua casa. E por fin decidiuse pois prefería morir que ver o sou fillo perdido desa manera Colleu a noite unha navalla afilada e saíu en busca do home-lobo Era mediada a noite cuando o home sentiu un lixeiro tremble de follas como si houbera algún correndo cerca. Entonces escoitou un pequeño balido .
 Despois sentiu o romperse os osos dunha ovella e viulo. Era un gran lobo comendo a desgraciada ovella. Inda era unha sorte que o lobo non tuvera cara pra él e sin que aquél o vira agarrou a navalla de monta e foise acercando a modín como si tuvera medio de cortarlle a carne máis da conta . Acertou a rozarlle ca arma o lombo do lobo que volveuse cara a él enseñando os dentes . O home tirouse o lobo abrazandolle o pescozo e gritándolle:

-¡Meu fillo, meu fillo!

 E perdonoulle e volveron pra casa xuntos. Logo de alguis años o mozo casouse e tuveron dous fillos que no vrau divirtíanse anadando no ríu Navia e facéndolle coscas no lombo onde o corte a padre.