Visitas

contador de visitas .

lunes, 28 de febrero de 2011

Tiolindo de Angustias (en la foto es el del bombo)







tiolindo




















Por "villar":


Tiolindo de Angustias

Tiolindo era un home pequeno
puco mais grande ca sua hirmá
Angustias. Sempre viviron xuntos os dous hasta que xuntos foron pa
residencia en Ponferrada.

Era un home muy
cariñoso, falantego e trapalleiro cos guajes
do pueblo que todos os seraos ye enchiamo-la cociña baixa de
xente o-redor do lume onde sempre había un pucheiro ye un
pote
arimados os tanucos pa que tuvera o caldo quente .

O redor do lume sempre nos
cuntaba cuentos ye historias como a dos
moros que vos cuntein u outru dia
Este home menudo, sempre
presumiu de home listo, ye os sous
conocementos sempre os basaba n-hun libro vello que el lle chamaba
“o meu geugrafia”.

 Casi todas as conversaciois con
él
acababan con esta frase:

“Eso ya o liin eu no
meu geugrafia”.

Era un bon entendedor de gado
ye de costumbres da nosa terra; era
tamén segun dicía él, o mellor pastor
do pueblo;
como él dicia :

“As miñas
vacas vranean por onde mais e mellor
comen”

Un-ha vez comprou un-ha vaca
que lle chamaba “Romera” e
taba tan orgulloso de que si -la, n-hun era muy boa, pa él era a mellor
res do pueblo.
Un día preguntoulle
Liudino:

- ¿ Tiolindo, que tal a Romera?,-
El todo presumido, contestoulle.

-¡ A Romera! Ben, eche dura, como un pedernal, come, como
un-ha
caballeria e tira, como un cameón. ¿ Que mais se
lle pode
pidir a un-ha res do pais?-

Como dixen antes, Tiolindo
presumía de ser un dos homes mais
listos do lugar. Acórdome un-ha vez que taban teimeando na
cantina de Alfredo algúa cousa que pouco sabían
todos
eles, ye en certo arranque de orgullo, Tiolindo dixo:
- Euuuuu sun piquininnnn, pero
lisssstooooo . Xaaaaaa dicía
Pepin Da Cancela (un home de Canteixeira) que euu tiña
palabras
de abogadooo. ohoo

Un cariñoso recuerdo
a, Tiolindo, Tiolindin, Tiolindo de
Angustias, porque de todas estas maneras se lle chamaba a este
encantador vicín do noso pueblo
Un
saludo………… "villar"