
O renubeiro da Alzada
por Delmiro Pérez Alonso
Unha vez taban mallando eilí enriba –nós tiñamos antes unha alzada, ye temos unhas cabañas-.
Eilí hay muta pradería ye antes sembrábase centeno ye hallábase a pau, pero é muy largo ye costo o camín ye leva cegar tres horas a pé co carro desde esquí.
Ye taban mallando ye no momento preparóuse o trueno; ye claro, había un renubeiro eilí que non sabían o que era. A xente que había eili non sabía que era o renubeiro. Ye entonces pois preparóuse a nubre cuando a xente taba mallando- mallábase inda a pau, a pértiga, ye claro, a nubre iba descargar. Entonces saíu o renubeiro ye acenoulle así:
-Adelante Pedro con las mulas.
Ye a nubre non podía andar mais porque iba muy cargada de pedra ye responde:
-No puede, que revienta
O renubeiro:
-¡Si revienta que reviente; tú tira palante!
Ye non descargou eilí, fíxolo mais adiantre , pro Corno Maldito que é un pico que hay por riba de Campolauga, muy alto.
Ye na Alzada de Vilar por entonces siguiu a malla en paz.