Enteróuse a mociña e foi tanta a pena que lle entróu pola perda do seu home que volvéuse louca e nun facía outra cousa que chorar e chorar sin que naide podera darlle consuelo ni remedio pro sou dolo. Un día perdéuse polo monte sin deixar rastro e a xente pensou que a levaran os trasgos de Peliscos con eles.
Pouco despóis, fúi víndose na poza e polo riu de Teixeira cerca da Ponte do Pico do Lugar, unha truita toda de color blanco. Iba polo riu abaixo e algúis cuntan que a viran chegar hasta o arroyo de Balourio onde víronla facer un rodelo déses que póinse as mulleres na cabeza pra traer os caldeiros ca roupa lavada do riu. De primeiras facía raro as xentes ver una truita blanca, mais de tanto vela riu arriba e riu abaixo , que acabaron afacéndose a ela, e o pouco tempo xa nun les facía novedad ningúa.
Pasaron anos e anos e xa nin os mais vellos recordaban cuándo fora a primeira vez que viran a truita blanca que algúis creían que era unha Xana das augas da Serra.
Hasta que un día chegaron unhos homes militares muy brutos e sinvergüenzas. Cuando se diron conta de que había polo riu unha truita blanca foron por ela a pescala e ca intención de comela naquel mismo día na cea.
Armaron a nasa no ríu, cerca da Rigueira do Ucedo aquela misma mañá e pola tarde antes de facerse noite foron por ela. Eilí mismo fixeron lume aguzaron un pau de fresno , puxeron a truita na punta e comenzaron a asala. De repente escuitaron un berro como si fora a queixa de unha persona dolorida. Logo do susto primeiro, seguiron dando voltas a truita no lume mais ésta non parecía fritirse.
O militar mais animal, colleu a bayoneta e clavóulla cerca das agallas da truita por ver como taba por dentro. Taba cruda de todo, mais a truita dou un berro e un brinco e eilí mismo na terra do prado apareceu una moza muy feita toda vestida de blanco, cun rodelo todo de ouro no pelo, e que berroulle ó soldado:
-¡Mira que me fixeche animal!
Ó tempo que lle enseña un brazo todo roxo de sangre.
-¿Costábate tanto deixarme fresca no riu onde me atrapache?¿Cómo no pensache que eu eilí na auga taba cumplindo un traballo?
Colleu medo o soldado e disculpóuse pa que non o matara, como xa él taba rumiando que faría a moza.
-Non sabía que tuveras facendo cousa de importancia ¡ Perdona!
- Pois mira sí. -Respondeulle a rapaza- Si o meu home chega tando eu fora da auga, eu fago que te volvas pez perseguido por sempre por min.
Cuando sentiu esto, o militar agáchase os pés da rapaza, pídelle perdón, dícelle que lle pesa e que si soubera a cousa, a houbera deixado nas augas de onde a collera. Entonces a moza eilí mismo volveu a facerse truita blanca. Ó soldado colleu unha cazola con auga limpa, meteu dentro a truita e deixóula no riu xunto ó Muín de Santiago.