Visitas

contador de visitas .

viernes, 19 de junio de 2015

Se naciche vilarega...



Se te chamas Vidalina
e naciche vilarega,
che direi que eres a flor
máis linda da terra  enteira.

En Ribón vive un rapaz
que rouboume o corazón
e anque me roubase a ialma,
non lle chamarei ladrón.

As rapazas vilaregas
son como as gaseosas,
algúas saien “casera”,
outras saien “revoltosa”.

O sacristán de Parada
tenche a chaquetiña rota,
que lla rompeu unha zarza
o correr tras dunha moza.

A carteira de Parada,
parécese a unha marea,
co vaivén de sube e baixa;
pero ela sempre tá chea

A parroquia de Pradela
dá mel, queixo e muto pan;
mais na que dicen de Cela,
non encenden unha vela.

No cielo  de Campolauga,
as nubes van a correr;
será porque teñan fame
e queren cedo comer.

O Barreal é un xardín,
as viciñas unhas rosas,
e Tomás é o xardineiro
entre estas prendas fermosas.

¿Más? http://villardeacero-villardeacero.blogspot.com.es/2015/02/ancares.html