EL LOBO DA UNA CARRERA EN VANO
Contábanme a min que era unha ovella que taba rapando nun campizo e que chegara o lobo. E que lle dixera:
-Ay Ovella, voute comer.
-Xan nun me comerás tu non.
-Pois sí que voute comer que teño fame.
-Pois si me vas comer súbete nestas penas ye di tres veces: ¡Bis a bao! (Eu que sei o que sería "bis a bao" como antes falaban... non se falaba castellano)
Ye o lobo por comer a ovella, subiu as penas pa dicir "b is a bao"
Ye mentas tanto a ovella a brincos, tira cara o pueblo. Ye había unha ponte ye pasaban as mulleres a auga (pois antes nun había auga nas casas ye tiñamos que ir o riu por ela.
Ye a ovella ca prisa que levaba por escapar, tropezou ye dou unha topada contra as mulleres ye tiróulas. As mulleres que lle dixeron:
-¡Uy lévete o demo de ovellla! ¿Cómo baxas tan avantada?
-Fui moza ye vou dixosa. Nunca na vida levei tanto medo de lobo nin de raposa.
Ye o lobo que dicía:
-Vaite vaite, que desde que soy lobo barbado nunca levei unha carrera sin bocado.
Recitado por Angustias Alba Mauriz a sus 61 años en Villar de Acero para Julio Camarena de Tradicciones orales leonesas.