lunes, 26 de septiembre de 2011
O CURA YE O BISPO (en cuaderna vía)
Iera un cura simple, e sen muta valía
A diario daba misa a Santa Lucía;
Dicíala a diario ...pois outra non sabía
Sabíala por uso, non por sabeduría.
Este misacantano foi ó bispo acusado
De que era un home tolo, mal cura muy provado
O “Salve Virgo Vírginum” solo tíñalo usado
Non sabía outra misa, aquel tolo sayado.
Ye fora máis movido o bispo pra votalo
Dicindo nunca oíra de outro cura tan malo.
E pensa que a este fillo tiña él que apartalo:
-Que veña xunto a min, que vou ben castigalo.
Veu diantre do sou bispo como mal pecador
Ye taba con gran medo, branco ye sen color
Non pode ca vergüenza mirarlle ó sou siñor
Nunca tuvo este homin tanta mala sudor.
Ye díxolle o sou bispo:
-Eu queroche a verdade,
Si é, como me cuntan, tanta a tua necedade.
Ye respondeulle o cura:
-Siñor por caridade
Si eu dixera non, diría falsedade.
Así responde o bispo:
- Se por ti non teis ciencia
De cantar outra misa, e non teis mais potencia
Mándote que non cantes; é a miña sentencia
Vive fora da iglesia e sin outra querencia.
Foise o probe curín muy triste e desterrado
Tiña unha gran vergüenza ye tando desolado
Pidiulle a Virgenciña choroso ye apenado
Que lle dese consuelo pois taba acobardado.
A nosa Patroniña que nunca abandonou
A quen de corazón como él lle rogou
O choro do sou cura tan ben ó escutiou
Que apareceuse o bispo ye muto lle rombou:
-Escutia soio a Virgen, don bispo muy lozano
¿Contra min porqué fuche tan duro e tan villano?
Eu nunca a ti quitéuche o tou pan cotidiano
¡Ye tu quítasme ahora o meu bon capellano!.
Do que a min me cantaba a misa cada día
Pensache que o facía culpable de falsía
Dixeche que era tolo por rin faladería
Quitáchelle a sua orde ye a sua capellanía.
Tu vasme repoñer este cura no día
Que volva a dicir misa como antes facía
E senon vas morrer o trigésimo día
Ya verás o que é a miña Ley de Santa Lucía.
Con estas amenazas aquel vispo chorou,
Mandou traier ó cura ó que él antes votou
Pidíulle o sou perdón pois él se equivocou
Que fora a mala xente á que a él engañou.
Mandou pois que cantase como antes facía
Volvera servidor a sua Santa Lucia
E que cualquera falta que tuvese no día
Él ben o repoñera, do sou propio o daría.
Volveu pois o bon home a sua capellanía
Ye sirviu a Patrona Virgen Santa Lucía
Ye sirvíndola morre como o cura quería.
A ialma foi a Gloria con bona compañía
Non podéramos tanto escribir nin falar
Inda que a nos poderan mutos años quedar
Que un de dez milagros podéramos contar
Dos que por esta Santa, Dios fixera en Vilar.
Versión libre de Soniarred