Nunhas Alzadas do que no presente chámase Ancares o rey cántabro -Sinando , da poderosa familia dos Liuva, taba facendo a festa de cada ano na súa casa reial, cuando de repente oíuse un forte berrido. Taba por eilí o Druida conselleiro do reino quen dixo , mentras palpaba a barriga da Telva a muller do bardo reial, e que taba encinta:
-O berro foi feito por Gelvira(os Druidas eran magos que viñan das antiguas tribus dos Castros e sabíano todo: que sería nina e que se chamaría Gelvira) e a nina será o fin da saga dos Corvos Roxos. Os Reis lutiarán entre eles pola nina que será a mais feitiña e guapa que nunca se vira por estas terras.
En sentir esto houbo mutos que pedían a súa morte, mais o rey Sinando, prendado das gracias que tería a encantadora nina, decidíu que cuando nacera a levaran a Nuestoso (onde tá ahora S. Cosme) e a retuveran escondida nun hórreo hasta que se fixese muller pois quería casarse con ela.
A niniña foi medrando e medrando e Arlette, a moza que a cuidaba, un día confesóulle que Sinando pensaba de facela reina. Gelvira entristecéuse muto , hasta que unha mañá cuando saíu o monte cercano como o facía cada día, víu unha bandada de gayos e un déles chega voando e póusase no sou brazo.
A ela recoudóulle a un mozo co que unha vez se vira en sonos . Pasóu o tempo e no inverno sentíu un día voces e víu a unhos cazadores que viñan cara a donde ela taba.
Entre éles taba o mozo do sono que dixo chamarse Gundisalvo da tribu dos Altos Taxóis . Acercóuse onde taba él, falaron e namoráronse. Escaparon xuntos polo que hoy é a Serra de Paradiña, travesaron o Cúa pola Veiga e chegaron o valle de Fornela onde viviron un tempo escondidos e felices .
Xa taba encinta de meses cuando o rey Sinando averiguóu o sitio por medio da magia do Druida e mandóu decir que podían volver os Ancares que nadie lles faría mal. Ela non quería pois tuvera outro sono onde volveran e foran desgraciados e morreran. Mais o Gundisalvo mal aconsellado polos sous irmáus non a escoitóu e volveron pros Ancares nativos. Entonces o rey mandóu matá-los irmáus e leváronos a enterrar a Murteira cercana o pé do que hoy é Pena Rubia. E polo que fai a ela mandóu encerrala no palleiro reial para que non se lle escapara con naide , hasta o día da boda.
Mais ela non pudendo resistir a falta do sou Gundisalvo e non querendo casarse co rey , o día antes da boda morreu de pena. Sendo levada a enterrar xunto do sou querido Gundisalvo. E os poucos meses naceran no sitio dous teixos entrelazados…