Iera unha moza ben feita
De muy honrada
familia;
Tiña un mozo que
a deixou
vindo que
xa taba encinta
ye os sous pais ó senterar
que ela taba
deshonrada
Querían que se
morrera
Ye a botan fora de casa
chorando polos sous ollos
foise a ver a sua
madriña
que tíñalle muto apego
ye a colle como a sua filla
Pasados os sete meses
ten un nino como un
sol
ela sola dalle o
peito
ye o cría con
gran primor
Quince días ten o nino
inda non era cristiano
Porque naide se enterara
do sou muy grande
pecado
Carmiña escribe unha carta
Onde lle pide o sou
novio
Unha entrevista secreta
pois tarían os dous
solos
Manolo chegou a cita
Que Carmiña lle mandara
Ye atópala adormilada
O pé de unha verde
abraira
Manolo chégase a ella
Dandolle bicos o nino
Dicindo qué desgraciado
Vai ser o tou mal destino
-Non fales asi Manolo
non maldigas o tou fillo
¿Son esas as tuas promesas
que antes facías conmigo?
Todas as miñas promesas
Foron xuramentos falsos.
Tu manterás este
nino
Eu lávome as maus
do caso.
O sentir estas palabras
Un tiro lle disparou
matando o traidor
Manolo
que eilí sangrando quedou
Ye na aurela de aquel charco
Unha carta de Carmiña:
Eu matei sola a Manolo
mátome eu tamén
soliña.