martes, 1 de noviembre de 2011
A CORDA DO MUSTALLAR
Villouso é o nome dun arroyo dos Ancares que parte dous altos montes : O Mustallar ye o Corno Maldito. O pé dun deles taba fai tempo unha pequena aldea, algo máis arriba do que hoy é o pueblo de Burbia. No pico do Mustallar xuntábanse os ancareses pra facer xusticia nos casos pouco claros.
Eilí víase una gran corda que según a crencia d xente baxaba do cielo.
A persona que tuvera razón nalgúa porfía podía coller a corda ca mau, mais cuando quería facelo o culpable , a corda subia ye o falso non podía chegar a agarrala.
Esta corda desapareceu, porque dunha vez, sirvíndose dunha trampa, o culpable pudo collela.
A cousa foi que un home de Donís, nunha feira de gado que tiña lugar cada ano na Campa dos tres Bispos, pidera prestados cuartos a outro de Burbia ye cuando éste reclamoulle o pago, o galego negoulle a deuda.
Foron pois a Xusticia ye subiron, cos testigos dos dous lados ancareses, ó monte pra facer a proba da corda. Lle tocou primeiro o prestamista, quen levantou o brazo ye colleu a corda, que paraba quieta pois o home tiña a razón.
Chégalle a vez o deudor quen dalle ó burbiego o bastón que lle sirvira pra subir o monte , pra que o sostuvera mentras tanto, ye éste cóllelo de boa fe .
O galego entonces colleu tamén a corda como o fixera o outro. Os testigos non podía creelo e mais cuando o deudor devolveu o bastón ó burbiego, a corda comenzou outra vez a subir.
Naide podía dar razón do que pasaba, hasta que o culpable confesou que drento do bastón escondera os cuartos que o outro lle prestara.
O galego sirvírase desta trampa pra poder chegar á corda.
Todos taban mirando cuando a corda volvería a baixar mais ésta nunca máis baixou ye os ancareses perderon esta forma infalible de facer xusticia.
Versión personal de una leyenda rusa.