martes, 24 de noviembre de 2009
PEDRO MALAS ARTES
Este… era un que sembraba a terra con outro, ye era Pedro de Malas Artes, era Pedro e Satanás.
Ye sembraron unha terra de patacas, ye cuando xa taban curadas, que valían pa arrincar,
él díxole a Satanás:
-Bueno, ¿qué cacho queres tú, o de enriba ou o de abaxo?
Ye endenantes, as patacas florecían ye botaban unhos cachumbos, ye o Satanás, como vía os cachumbos, parecióulle que o de abaxo non tiña res; díxole que él levaba o de enriba. Bueno; Satanás quedóu
muy mal contento, porque non levoú nada; claro, os cachumbos non se podían comer, eran muy riños: amargaban.
Pa outro ano sembránronla de pan. Cuando xa taba seco, pa segare, díxolle:
-Bueno, ¿ahora, tu qué cacho queres?; eu douche a elegir a ti, Satanás; tú colle o que queiras.
Satanás, como a primeira vez collera o de enriba ye non valera pa nada, dixo:
-Eu ahora, collo o de abaxo.
Bueno; Pedro segóu o pan ye o outro tuvo arrincando palla; pero non tiña nada. Antoncias incomodóuse mutísimo ye dixo que o había de matar, si non acertaba a cousa máis feia que houbera no mundo, que o mataba; ye doulle, así un plazo.
Antoncias, Pedro, que estudiaba ye que pensaba, que pensaba..., pero non pudo pensar a cousa que sería máis feia; taba muy triste. Un dia, díxole a muller:
-¿Por qué tas tan triste?
Dixo:
Porque non podo sabere qué cousa será a máis feia, porque hoxe ven o demo por min ye mátame;
por eso- contóulle.
A muller xa sabía da cousa ye dixo:
-Pois mira, non teñas pena ninguha,¸a cousa máis feia que hay, téila en casa.
-¡Home!, ¡que vou ter!
-A cousa máis feia que hay somos as mulleres en coirachos...- Eu oílo cuntar así
- ¿Ye a que hora
ven o demo?
Dixo:
-Ven a noite
Dixo ela:
-Bueno, pois mira, como lua non hay, eu vou ye poñome en coirachos na corte da burra- .
Hala; foi ye púxose en coirachos; púxose ca cabeza entre as pernas, pa que non pudera verlle a cara, porque , si non, conocíala.
Ven o demo e chamóu por Pedro; así:
-¡Pedro!
Respondéu:
-¿Que? ¿Que?
-¿Sabes xa cual e a cousa máis feia?
Dixo:
-Sí; vai mirar ehí, a corte da burra, que eilí tá a cousa máis feia. Hala marchoú eilí, empezóulle a
mirar por todo oredor, pero, como taba, non sabía qué era; dixo:
-¡Pero qué será esto! Burra no e. Vaca tampouco. E verdad que con Pedro non hay quen poda;
ésta e la cosa máis feia que hay.
Ye ganóulle a Satanás. Eili constatou o feito nun escritu que ansi dicía , como eu cho conto a tí, pouco máis ou menos.
Recitado por Angustias Alba