Visitas

contador de visitas .

martes, 6 de agosto de 2013

Romance de Carmiña

                                                                                     
                                                                 
                                                Iera unha moza ben feita
                                                De muy honrada familia;
                                                  Tiña un mozo que a deixou
                                                  vindo que xa  taba encinta
                                                                 
                                               ye os sous pais ó senterar
                                                que ela taba deshonrada
                                               Querían que se morrera
                                                 Ye a botan fora de casa
                                                                      

                                               chorando polos sous ollos
                                               foise a ver a sua madriña
                                               que tíñalle muto apego
                                                ye  a colle como a sua filla


                                            Pasados os sete meses
                                             ten un nino como un sol
                                                ela sola dalle o peito
                                               ye o cría con gran primor

Quince días ten o nino
inda non era cristiano
Porque naide se enterara
 do sou muy grande pecado

Carmiña escribe unha carta
Onde lle pide  o sou novio
Unha entrevista secreta
pois tarían  os dous solos

Manolo chegou a cita
Que Carmiña lle mandara
Ye  atópala  adormilada
O pé de unha  verde abraira

Manolo chégase a ella
Dandolle bicos o nino
Dicindo qué desgraciado
Vai ser o tou mal destino

-Non fales asi Manolo
non maldigas o tou fillo
¿Son esas as tuas promesas
que antes facías conmigo?

Todas as miñas promesas
Foron xuramentos falsos.
Tu manterás este  nino
Eu lávome as  maus do caso.



O sentir estas palabras
Un tiro lle disparou
 matando o traidor Manolo
que eilí sangrando quedou


Ye na aurela de aquel  charco
Unha carta de Carmiña:
Eu matei sola a Manolo
mátome eu tamén soliña.














lunes, 18 de junio de 2012

Escapado


 “Romance” do “escapado"
 Escutiado no Fiandón de Vilar aló polo inverno de 1950
 (cantado por Jesusa en castellano) 

Polas valiñas de Ancares
 Xuntamento de Candin 
No vintacinco de Xunio
 Chegan a Villasumil.

 Mataron un compañeiro 
 Ó que Esteban se chamaba
 Que tando no corredor/cuatro tiros lle disparan
 Cuatro tiros lle disparan. 

O sarxento militar 
Mira si era criminal 
Mándalle sair pa fora 
 Ye podélo rematar. 

 ¿Cómo mandáisme sair
 vos crimináis asesinos,
 Cómo mandáisme sair 
 si teño os riles partidos?

 Xa no lombo do cabalo
 Báixano hasta Pereda,
 Cuando en pasando Fonfría 
Ó Esteban chama a Carmela:

 -¡Ay que muller tan feitiña..
 Eu viñe a morrer por ella! 



 Leer más

martes, 1 de noviembre de 2011

A CORDA DO MUSTALLAR

                                                                     



Villouso é o nome dun arroyo dos Ancares que parte dous altos montes : O Mustallar ye o Corno Maldito. O pé dun deles taba fai tempo unha pequena aldea, algo máis arriba do que hoy é o pueblo de Burbia. No pico do Mustallar xuntábanse os  ancareses pra facer xusticia nos casos pouco claros.




Eilí víase una gran corda que según a crencia d xente  baxaba  do cielo.


                                                                     

A persona que tuvera razón nalgúa porfía podía coller a corda ca mau, mais cuando quería facelo o culpable , a corda subia ye o falso non podía chegar a agarrala.



Esta corda desapareceu, porque dunha vez, sirvíndose dunha trampa, o culpable pudo collela.



A cousa foi que un home de Donís, nunha feira de gado que tiña lugar cada ano  na Campa dos tres Bispos, pidera prestados cuartos a outro de Burbia ye cuando éste reclamoulle o pago, o galego negoulle a deuda.



Foron pois a Xusticia ye subiron, cos testigos dos dous lados ancareses,  ó monte pra facer a proba da corda. Lle tocou primeiro o prestamista, quen levantou o brazo ye colleu a corda, que paraba quieta pois o home tiña a razón.



Chégalle a vez o deudor quen dalle ó burbiego o bastón que lle sirvira pra subir o monte , pra que o sostuvera mentras tanto, ye éste cóllelo de boa fe .



O galego entonces colleu tamén a corda como o fixera o outro. Os testigos non podía creelo e mais cuando o deudor devolveu o bastón ó burbiego, a corda comenzou outra vez a subir.



Naide podía dar razón do que pasaba, hasta que o culpable confesou que drento do bastón escondera os cuartos que o outro lle prestara.



O galego sirvírase desta trampa pra poder chegar á corda.



Todos taban mirando cuando a corda volvería a baixar mais  ésta nunca máis baixou ye os ancareses perderon esta forma infalible de facer xusticia.



Versión personal de una leyenda rusa.

viernes, 28 de octubre de 2011

A invernada na Serra

A INVERNADA Na SERRA

                                                          


Un Boi de Canteixeira que perdérase polo monte da Serra ye andaba polo carreiro da murteira de Pedra Cabalar, cuando atopouse con un Carneiro ye preguntóulle:

-¿Pra onde vai o Carneirín?

-Vou buscando un furaco pra non morrer de friu no inverno que ya ven-respondeu o Carneiro.

-Pois imos xuntos, ye pode que atopemos un refuxo ben grande ye o subeiro pra cuando chova ou neve.

Foron logo andando ye a pouco xúntaselles un Porco

-Busco un sitio pra pasalo inverno

-Pois logo ven con nós.




Iban polo carreiro das fontes de Teixeira cara a Serra ye viron parecer por entre os rebolos un Pato que iba buscando ó mismo, ye tamén xuntouse con eles

Xa taban algo cansados cuando vein baixar por entre os acebáis un Galo que tamén xuntóuselles de gana.

Todos xuntos siguiron po lo carreiro falando entre eles.

-¿Que imos facer? Ya se sinten as primeiras xeadas ¿Onde nos meteremos as noites todos cinco?

Chegados eiquí dixo o Boi:

-A min paréceme que temos que buscar unha cabana antes da noite pois si xea morreremos sin remedio.. Si corremos a escape todos xuntos, pronto poderemos chegar as cabanas da Serra de Vilar que recordo haber tado eu pacendo  por eillí ye  que neste tempo do inverno tarán valeiras.

Mais o Carneiro dixo:

-Eu teño un manto de quente lá . Tou que me doin as pernas  de andar tanto ye poderéi pasála noite sin chegar a cabana que inda tá muy lonxe.

O Cocho tamén dixo:

-A min ó friu non lle teño medo, fozo ye métome baixo da terra ye non teño falta de outra cousa.

A sua vez o Pato declarou:

-Pois eu sentaréime entre os ramallos d’un abedul, unha ala serviráme de cama ye a outra de mantelo ye por friu que faga a noite eu tarei ben quente. Non teño falta de ningua cabana.

Tamén o Galo era da misma opinión, así que o Boi, vindo que non podía cuntar cos sous compañeiros ye que tiña que marchar solo díxolles:

Bueno pois facéi como os de a gana. Eu chegarei a Serra ye drento de unha cabana, farei lume ye pasarei a noite solo pero quente. Logo non viñáis a pidirme que vos deixe entrar.

Ye correndo chegou logo as cabanas ye entrado na corte máis endoada fixo lume ye acomodouse a pasala noite o subeiro pois ya taba neviscando fora.

O pouco chegou o Carneiro todo nevado ye pidioulle o Boi que lle deixara entrar ye quentarse un pouquín

-Non oh, tu teis boa lá pra poder quedar  fora. Non che deixarei entrar.

-Pois si non me deixas entrar toparei contra unha viga que fará caier a cabana ye todos dous pasaremos friu.

O Boi quedóse pensando ye por fin deixóulle entrar pois si non   podera ser pior

Ye deixou pasar o Carneiro.

O rato chega o Porco:

-Deixame entrar amigo que tou xeado co friu

ye si non fozaréi o pé dos postes ye caierá a cabana.

Ye o Boi non pudo facer outra cousa que deixar entrar tamén ó Porco.

Por fin viñeron o Pato ye o Galo pidindo o mismo, pois si non arrincarían as pallas do teito pra que entrara a neve ye o friu.

O Boi non pudo facer outra cousa que deixar entrar tamén a estos dous, ye cuando taban todos xuntos ye quentes puxérose a cantar todos de manera que unha raposa 

 que pasaba por eilí ó sentir o alboroto entroulle a fame de galo, ye púxose a pensar a manera de atrapalo.

Despertou ó Oso que taba durmindo debaixo dos piornos do Mosqueiro ye tamén chamou ó Lobo ye díxolles

-Amigos meus: encontrei unha cabana chea de comida pra nós: Pra ti Oso un boi, pra ti Lobo un carneiro ye pra min un galo.

-Ta ben logo-responderon a unha os dous amigos-lévanos pronto para matalos ye comelos.

A Raposa levóulos hasta a corte da cabana ye o Oso dixo ó Lobo

-Entra tu diantre.

Pero o Lobo:

-Non oh, entra tu primeiro que eres o que teis mais forza

O Oso foi entrar o primeiro mais o Boi embestiulo ye clavoulle os cornos quedando o Oso atrapado contra a parede; o Carneiro doulle unha topada na barriga que dou con él no suelo; o Cocho arrincáballe o pelexo, ó tempo que o Pato picáballe nos ollos ye o Galo sentado no alto dunha viga gritaba a todo pulmón:

-¡Deixáimo pra min! ¡Deixáimo pra min!

O Lobo ye a Raposa ó sentir os gritos de guerra do Galo, colleron medo ye votaron a correr. O Oso ascasí pudo escapar tamén ye cuando alcanzou ós dous compinches cuntoulles as suas penas:

- ¡Si souperais o que me pasou eilí drento! Nunca na vida pasei tanto medo. Namais entrar na corte votouseme unha muller con unha forquita ye clalvoume na parede. Veu dispois un tropel que non paraba de darme golpes ye picotazos no corpo ye nos ollos.

- Mais o pior de todos era un que taba no mais alto que non paraba de gritar:

-Deixáimo para min! ¡Deixarmo para min!

Si éste chegara a collerme tedes por seguro que morro colgado da viga.

-

jueves, 29 de septiembre de 2011

Romance de Doña Urraca

Romance de Dña Urraca (1)



                                                                                 

-¿Queres morrer padre meu?

¡San Miguel vos colla a ialma!

Fixeche manda das terras

a quen se vos antoxara

Daslle Castilla pra Sancho

Á Castilla ben honrada,

Pra don Alfonso León

Con Asturias ye Sanabria,




Pra don García Galicia

Con Portugal a preciada

¡Ye a min que sendo muller

Deixasme desheredada!



-Hey de ir eu de terra en terra

Como muller casquivana

O meu corpo llo daría

A que eu ben se me antoxara

Ós moros lles cobraría

Mais ós cristianos de gracia

E do que teña a ganancia

Farei pola vosa ialma.



Eilí preguntara o rey

-¿Quen é esa que así fala?

Respóndelle o arzobispo:

-Vosa filla doña Urraca



-Cala miña nina cala

Non mentes esa palabra

Que muller que tal dixera

Merecía ser queimada.

Aló en terras de León

Un rincón que eu olvidava

Zamora ten polo nombre

Zamora a ben murallada

Dun lado defendea o Duero

Ye doutro pena tallada.

¡quen vos la quitara filla

miña maldición lle caia!



Todos lle dicen amén

Menos don Sancho que cala.





(1) Esta dña Urraca no es la reina de León ,Galicia incluida, (primera mujer reina en España) y madre de Alfonso VII el emperador sino que se trata de su tía la Infanta Urraca de Castilla, que recibió en herencia la ciudad de Zamora , siendo esta última, por tanto, algo anterior en el tiempo a la reiniña (la reina niña, pues así era esta parturienta adolescente cuando su estancia por la Somoza en San Cosme, y que bebio agua, sin tener que agacharse, de la fuente de la Preñada en Villar, según cuenta la tradiccional leyenda )

Nota del traductor

lunes, 26 de septiembre de 2011

O CURA YE O BISPO (en cuaderna vía)


                                                   Iera un cura simple, e sen muta valía

                                                   A diario daba misa a Santa Lucía;

                                                  Dicíala a diario ...pois outra non sabía

                                                  Sabíala por uso, non por sabeduría.



                                                   Este misacantano foi ó bispo acusado

                                                   De que era un home tolo, mal cura muy provado

                                                   O “Salve Virgo Vírginum” solo tíñalo usado

                                                   Non sabía outra misa, aquel tolo sayado.



                                                    Ye fora máis movido o bispo pra votalo

                                                    Dicindo nunca oíra de outro cura tan malo.

                                                    E pensa que a este fillo tiña él que apartalo:

                                                   -Que veña xunto a min, que vou ben castigalo.



                                                    Veu diantre do sou bispo como mal pecador

                                                    Ye taba con gran medo, branco ye sen color

                                                    Non pode ca  vergüenza mirarlle ó sou siñor

                                                    Nunca tuvo este homin tanta mala sudor.



                                                    Ye díxolle o sou bispo:

                                                                                       -Eu queroche a verdade,

                                                     Si é, como me cuntan, tanta  a tua necedade.

                                                     Ye respondeulle o cura:
                                                                                          -Siñor por caridade

                                                     Si eu dixera non, diría  falsedade.



                                                     Así responde o bispo:

                                                                                       - Se por ti non teis ciencia

                                                     De cantar outra misa, e non teis mais potencia

                                                     Mándote que non cantes; é a miña sentencia

                                                     Vive fora da iglesia e sin outra querencia.



                                                      Foise o probe curín muy triste e desterrado

                                                      Tiña unha gran vergüenza ye tando desolado

                                                      Pidiulle a Virgenciña choroso ye apenado

                                                      Que lle dese consuelo pois taba acobardado.



                                                      A nosa Patroniña que nunca abandonou

                                                      A quen de corazón como él  lle rogou

                                                      O choro do sou cura tan ben ó escutiou

                                                      Que apareceuse o bispo ye muto lle rombou:





                                                     -Escutia soio a Virgen, don bispo muy lozano

                                                  ¿Contra min porqué fuche tan duro e tan villano?

                                                      Eu nunca a ti quitéuche o tou pan cotidiano

                                                    ¡Ye tu quítasme ahora o meu bon capellano!.



                                                     Do que a min me cantaba a misa cada día

                                                     Pensache que o facía culpable de falsía

                                                     Dixeche que era tolo por rin faladería

                                                     Quitáchelle a sua orde ye a sua capellanía.



                                                    Tu vasme repoñer este cura no día

                                                    Que volva a dicir misa como antes facía

                                                     E senon  vas morrer o trigésimo día

                                                     Ya verás o que é a miña Ley de Santa Lucía.



                                                     Con estas amenazas aquel vispo chorou,

                                                     Mandou traier ó cura ó que él antes  votou

                                                     Pidíulle o sou perdón pois él se equivocou

                                                     Que  fora a mala xente á que a él engañou.



                                                     Mandou pois que cantase como antes facía

                                                     Volvera servidor a sua  Santa Lucia

                                                     E que cualquera falta que tuvese no día

                                                     Él ben o repoñera, do sou propio o daría.



                                                     Volveu pois o bon home a sua capellanía

                                                     Ye sirviu a Patrona Virgen Santa Lucía

                                                     Ye sirvíndola morre como o cura quería.

                                                     A ialma foi a Gloria con bona compañía


                                                     Non podéramos tanto escribir nin falar

                                                     Inda que a nos poderan mutos años quedar

                                                     Que un de dez milagros podéramos contar

                                                     Dos que por esta Santa, Dios fixera en Vilar.


Versión libre de Soniarred                                       
                                                                         



                                                         

domingo, 18 de septiembre de 2011

Romance de doña Blanca

ROMANCE DE DÑA BLANCA

Un  siñorito do Vierzo                                                                   
Que Fadrique se chamaba
Foi titulado marqués
O sétimo da sua Casa,

Cobiciábase de Branca
Noviña muller galana
Que casada  foi con Nuño
Capitán da sua mesnada.

Manda o Marqués ó marido
Pras suas terras zamoranas
A preparar pro sou Rey
que en grande Imperio reinaba
Novos decreutos cristianos
con  grandes guerras ganadas.
Ye tando fora o marido
Dormir ca sua doña Branca.

Xa vai Fadrique a modín
Onde Branca tiña a cámara
Veila o descuido durmindo
Ye vótase na sua cama
Ye eilí fartouselle ben
o vicio  que lle queimaba.
Logo tando no pé déla
A espada que desenvaina
Ye acenando pras suas tetas
Desta manera lle fala:

-O tou Siñor soyo e  quérote
O meu lado namorada
Si queres  ser miña amante
Seras rica ye estimada
Si non eu te mataría
Con esta aguzada espada.

-Non farei eso de gana
Pois como soyo casada
Pra nada quero a mía vida
En víndola  deshonrada

-Se non fais o que eu che digo
De ser miña namorada
Matarei o tou criado,
Metereilo na tua cama
Ye logo mátote a ti
Deixándote mal pagada
Ye direi por todo o Vierzo
Con quen  o Nuño engañabas.

Vindo  esto a probe Branca
Que tanta traición pensaba
Entregouse a don Fadrique
Por ser menos deshonrada

En cuanto o Marqués fixera
Aquelo que cobiciaba
Colle o camín de Madrid
Por non toparse de cara
Co sou vasallo don Nuño
Que de Zamora tornaba.

Baxa Nuño do cabalo
Ye a sua muller abrazaba
Mais Branca  entre choros cúntalle:

-¡Ay meu home queridiño !
Que teño perdida a  fama
Que pisadas de home alleo
Dixosaron a tua cama.
O malvado don Fadrique
Veu a noite a tua pousada.
Abrinlle como a Siñor
Ye deixoume disgraciada

Eu castigareime o corpo
Ye rezo por miña  i alma
Pra que nunca outra  casada
Volva a caier engañada.

Estas palabras dicindo
Vótalle mau a unha espada
Que muy tapada a traía
Debaxo da sua saya
Ye nos peitos se lla crava
Que de véla daba llástima

Eilí dispois no momento
Caieu morta doña Branca.
En víndola así o sou home
Amargamente choraba
Sacóulle chea de sangre
Aquela malina espada

Inda tíñala na mau
Cuando don Nuño xuraba
De matar a don Fadrique
Ye darlle lume a sua casa

Drento duna caxa negra
O corpo a enterrar levaba
Chorando polos sous ollos
Ye pola boca falaba:

-¡Ay vercianas ay vercianos!
Ter dó da miña disgracia
Que o porco de  don Fadrique
Fou fozar na miña Branca
Ye que  aquesta   gran deshonra
Fixo que ela se matara;
Temos que nós castigar
Tamaña afrenta villana.
Vindo aquesto  todo o  pueblo
 Os homes collen as armas
Ye vanse pra a Capital
Onde don Fadrique taba
Ye danlle golpe mortal
Ye queimanlle a sua casa

Ye os sous parientes na vida                                                   
Víronse por Villafranca.
.
Versión libre de Anónimo