Visitas

contador de visitas .

martes, 8 de marzo de 2011

ENTROIDO






No martes daquel Entroido
disfracéime de gitana
entrei na aira do baile
ye co meu mozo eu bailaba

- Gitana, miña gitana
dime por Dios a verdad
bótame a min a  ventura
o que eu teño que esperar

-Tu bon galán sí que o eres
ye con meco falas ben
mais teis un defeuto grande
que eres falso no querer:

teis comprometidas duas
as duas comprometidas
unha rubia outra morena
ambas duas ben feitiñas

Ca rubia nunca te cases
que che fara un desgraciado
casa millor ca morena
ye serás afortunado

-Eu casaréime ca rubia
inda que sea desgraciado
ye non irei ca morena
inda sendo afortunado

- Déixote rapaz , xa marcho
miña familia me espera
si queres saber quén soio
era a túa moza a morena


lunes, 28 de febrero de 2011

Tiolindo de Angustias (en la foto es el del bombo)







tiolindo




















Por "villar":


Tiolindo de Angustias

Tiolindo era un home pequeno
puco mais grande ca sua hirmá
Angustias. Sempre viviron xuntos os dous hasta que xuntos foron pa
residencia en Ponferrada.

Era un home muy
cariñoso, falantego e trapalleiro cos guajes
do pueblo que todos os seraos ye enchiamo-la cociña baixa de
xente o-redor do lume onde sempre había un pucheiro ye un
pote
arimados os tanucos pa que tuvera o caldo quente .

O redor do lume sempre nos
cuntaba cuentos ye historias como a dos
moros que vos cuntein u outru dia
Este home menudo, sempre
presumiu de home listo, ye os sous
conocementos sempre os basaba n-hun libro vello que el lle chamaba
“o meu geugrafia”.

 Casi todas as conversaciois con
él
acababan con esta frase:

“Eso ya o liin eu no
meu geugrafia”.

Era un bon entendedor de gado
ye de costumbres da nosa terra; era
tamén segun dicía él, o mellor pastor
do pueblo;
como él dicia :

“As miñas
vacas vranean por onde mais e mellor
comen”

Un-ha vez comprou un-ha vaca
que lle chamaba “Romera” e
taba tan orgulloso de que si -la, n-hun era muy boa, pa él era a mellor
res do pueblo.
Un día preguntoulle
Liudino:

- ¿ Tiolindo, que tal a Romera?,-
El todo presumido, contestoulle.

-¡ A Romera! Ben, eche dura, como un pedernal, come, como
un-ha
caballeria e tira, como un cameón. ¿ Que mais se
lle pode
pidir a un-ha res do pais?-

Como dixen antes, Tiolindo
presumía de ser un dos homes mais
listos do lugar. Acórdome un-ha vez que taban teimeando na
cantina de Alfredo algúa cousa que pouco sabían
todos
eles, ye en certo arranque de orgullo, Tiolindo dixo:
- Euuuuu sun piquininnnn, pero
lisssstooooo . Xaaaaaa dicía
Pepin Da Cancela (un home de Canteixeira) que euu tiña
palabras
de abogadooo. ohoo

Un cariñoso recuerdo
a, Tiolindo, Tiolindin, Tiolindo de
Angustias, porque de todas estas maneras se lle chamaba a este
encantador vicín do noso pueblo
Un
saludo………… "villar"














jueves, 17 de febrero de 2011

A corza blanca





A CORZA BLANCA






Fará cerca de oitocentos
anos que vivía en Balboa un fidalgo de nome Dionisio, que
fora de muta axuda pro rey nas guerras dos moros. E por eso o rey
déralle o señorío dun castelo e unhas
terras no Bierzo e Ancares. Tiña tamén unha casa
de vrau en Canteixeira e desde eilí, acostumaba
saír a cazar cos criados polos montes da Serra de Vilar e
dos Cervantes de Lugo.

Aconteceu unha vez que tando
cazando
corzos cos sous palafreneiros polos altos de Barantés,
sentíndose cansados paráronse nun campizo cheo de
papoulas marelas, escutiando o dulce remor da auga da fonte onde nace
un regato.

É o que logo de feito arroyo vai dar o que baixa brincando
desde a Serra de Vilar e que xuntos fain mairande o ríu de
Teixeira aló enbaixo pola Pontiga, cerca de Peliscos.

O rato de tar tranquilamente
eilí sintiron unha choca e logo un rebaño de gado
co pastor que resultou ser o Chisco da Costa de Vilar,
un mozo  forasteiro sin padres co acolleran no pueblo
como criado pra ir co gado   ye traer feixes de leña.

Taba con eles a filla única do señor do feudo,
que chamábase Regina e a quén
gustáballe o monte.

Era tan blanca e ben feita como unha
azucena e tiña todo o encanto dunha fada de conto. O sou
pelo do color do centeu. Negras as cellas e negros os ollos, pescozo
ben feito e direito, dous peitos rebeldes e firmes e unha
cinturiña de vespa. Pernas esbeltas e péis
pequeniños que deixaban no monte pisadas de nina...

Taba o pastor algo encollido
diantre
do señor e da filla quenes querendo pasá-lo rato
pidíronlle que lles cuntara algúa cousa curiosa
que lle ocurrira por aqueles montes.

Miróulles o Xisco con
aqueles ollos pequenos e desconfiados, rascóuse a cabeza e
quitóuse as greñas que lle tapaban a testa e
decidíuse, dispóis de muto facerse de rogar de
todos, a falar deste xeito:



-Esta mañá de
ben cedo antes de ser día saín da cabana da
Serra, onde durmo mutas veces por non baixar a Vilar nas noites de
lobos Paróuse e
fíxolle un silbo o perro pra que xuntáse as reses
que taban loureando, rascóuse outra vez a cabeza e volveu a
falar:

-Cuando o clarexar o día
tróuxe o rebaño a beber nesta caborca, sobre un
cento de metros abaixo de onde tamos ahora , nunha poza sin Sol porque
tápalo as abrairas e humeiros, atopéi entre o
rastro dos corzos unhas pisadas pequenas, dunha media cuarta das
miñas, como de peis dunha nina de non mais de sete anos.


O decir esto, miróu pros
pés da Regina, e fíxolo tambén Don
Dionisio e os monteiros que trouxera con él. Mais a
atractiva Regina aprestóuse a escondélos no vero
momento e dixo enseguida que os peis déla nun era certo que
foran pequenos...

- A noite - siguíu o
pastor-volvín e escondíme nun sitio do rego por
onde eu sabía que cruzaban os corzos, e cuando taba quedando
medio adormilado, sentín que os ramallos movíanse
detrás de min. Erguínme a modín e cada
vez mais cerca sentín risas e cantos de tres ou cuatro voces
como de mozas, do xeito co fain cuando volven da fonte dos Entralgos
cos baldes da roupa na cabeza pra casa.

Acercáronse tanto que o
parecer me viron e sentín una voz de muller que
decía :
-”¡por eiqui
compañeiras que eilí ta escondido o tolo do
Xisco!

Ríronse de gana todos un
momento, a que máis a Regina, mais o zagal
continuóu:

-Peguéi un brinco pra
velas millor e de repente vin unha corza blanca que saíu
dentre as matas e a saltos fuxíu polo monte, seguida dunha
tropa de corzas do color natural das corzas de eiqui. E por contas de
bramar ríanse entre elas como o fain as mulleres.
Eiquí xa
puxéronse todos a rir sin parar. Mais por fin como viran que
facíaxe tarde, déronlle o pastor un cacho de
carne de xabarín e un trago de viño da bota. Dou
as gracias o pastor e fóuse co gado, mentras Don Dionisio, a
filla e os outros colleron os cabalos que taban pastando no souto
cercano e seguiron ca súa partida de caza.

Entre os monteiros de Don
Dionísio taba Virginio fillo dun vello criado da familia e
que tiña os mismos anos que Regina. O Señor
queríalo como si fora fillo sou, e inda había
quen remoraba que podería sélo. Este mozo
tiña muto aprecio a Regina e taba sempre presto a facer
cualquera cousa que a ela se lle antoxara. Taba namorado da Azucena
Ancaresa,que así a chamaban todos no país , tan
blanca e tan rubia que parecía que o Noso Señor
habíala feito de neve e de ouro.

Mais algúis murmuraban que
podía haber saído de madre gitana, porque Don
Dionisio tamén fora rondando polas terras do Egipto e
viñera deilí cunha nina pequena pra criala en
Balboa. Mais pode que non pasen de faladurías, xa que quen
podía sabelo de certo era o padre de Virginio que morrera xa
facía anos. E que en vida non soltóu prenda a
nadie, nin siquera o sou fillo quen preguntáralle mutas
veces con muto interés polo asunto da filla do amo.


Iba Virginio no cabalo cerca de
Regina, pensando que pudera haber algo de certo no relato do pastor. E
que si así fora, a Regina gustaríalle ter e
manter no Castelo unha corza de color blanco, e que él
podía cazala e darlla pra ela.
Como o pensóu, fíxolo. Quedou atrás,
na volta pra casa, dos amos e monteiros, e tiróu polo monte
outra vez querendo atopá-lo pastor.

Os
outros chegaron a noite a
Balboa e Regina como non vía o Virginio preguntóu
por él pero naide o vira desde que se separara deles no Rego
Dauga.



Nesto que entra no Castelo Virginio
sudando e decindo que era certo o da corza blanca, pois a viran
máis pastores cos que acababa de falar no monte.

Como non o creían xurou
pola virxen e todolos santos que antes de tres días
colleríala viva o morta e daríalla en prenda
a Regina. Esto decindo, armóu a
súa ballesta, e poñéndola o lombo
saíu de Balboa camín de Canteixeira e collendo un
carreiro que o levóu direito a Barantés.

Cuando chegóu a caborca a lúa taba alta e
lucía xa por enriba da Pena Rubia
Virginio era un bon cazador. Agachóuse xunto os salgueiros e
fresnos veciños da rigueira, esperando ca ballesta na mau a
chegada das corzas. Mais pouco a pouco vai cayendo nun atolondamento
parecido o sono, e que facía que o pensamento se nublara e
os ollos cansados e con sono xa viran borrosas as cousas.

De repente despértase do todo ó sentir un ruido de piornos e
de voces delgadiñas que cantaban e falaban entre elas, como
de mozas divirtíndose e que parecían decir :

-“ven anadar debaixo da luz
da lúa na poza das ninfas da Serra.”

-“Ven a fungálo perfume das arandeiras escondidas
na sombra da máxica noite”

-“Ven a gozar ca reina das Xanas nunha quente
noitiña de vrau


Entonces pareceron as corzas brincando desde as matas e tiraron pra
baixo, sempre rebincando, hasta parar na Poza da Pontiga. E sempre na
diantreira e dirixindo, iba a blanca corciña. Virginio
seguíulas e o chegar o Teso da Murteira colleu a ballesta
entre os dentes, e fóise arrastrando a modiño
hasta parar nun sitio que quedaba a tiro da poza.

Asentóuse ben cunha
rodilla fincada na terra e xusto cuando iba a tirarlle a corza
blanca… desapareceron todas da súa vista.


E no sou lugar víu unhas cuantas mulleres, que xugaban na
auga desnudas de todo e que víndolles as tetas cos sous
dazaoito anos fervíalle a sangre polas venas.

Collíanse unhas a outras tirábanse auga na cara,
amargullaban e saían de novo e facían as cousas
que fain as mociñas desnudas cuando pensan que nadie as vei.
De repente no sou encantamento parecíulle que unha daquelas
era a Regina.

Era ela. Aquelos ollos morenos, aquel pescozo garboso, aquela cascada
de ouro que lle chegaba hasta os cuadrís ben
feitiños e pola diantreira... aqueles peitos direitos e
firmes acenando pro Ceo, aqueles péis pequeniños
como dous cachos de neve sin derretir. Era ela.

E cuando Regina saíu da auga oíronse as voces das
outras que cantaban todas a unha :

Xenios do aire, e reis do
éter, vide con nos esta noite.

- Silfos dos montes, vide montados nos vosos carros de roble e traede
con vos mutas larvas das fontes e que chovan por nos como nubes de
perlas.

-Cocos das patacas, gusanos de luz vide con nos como enxame de espritos
da noite .

- Vide trasgos e sátiros, que quen os quere os espera e
cobicia.


O pobre Virginio non pudo resistir
máis  sacudíndose o encanto que o
retiña pasmado mirando as mociñas,
brincóu e plantóuse didiantre de todas.

Rompéuse o embeleso e xa como corzas de novo as
víu escapar en todas as direccióis brincando
polas matas veciñas

Pero a corza blanca
enredóuse nas zarzas e quedáballe a tiro. Cuando
tiña a ballesta tensada outra vez sentíuse chamar
por Regina que díxolle:

-Virginio ¿que
fáis?

Quedóu quieto Virginio e
soltóu a ballesta con medo de mancar a súa
amante. Pero a corza aproveitóu o momento pra librarse de
todo das zarzas, e fuxiu como un rayo ríndose dél.

Maldicindo volveu a colle-la
ballesta
e cunha maña indecible soltóu a saeta de cara pro
souto por onde fuxira a corciña. Sentíuse un
berrido seguindo lacexos que pouquiño a pouco se foron
morrendo…

-¡Ay Dios que a
matéi, perdido de min!

E vota a correr como louco chegando por fin onde ben parecía
que caiera a saeta. Mais non viu ningún corpo de muller nin
de corza. Cuando xa de mañá entra no castelo de
Balboa, e viu que non taba a Regina, sube as escaleiras da torre todo
desesperado, querendo tirarse pola ventá enbaixo. Mais no
mismo momento do brinco, sente quo agarra unha mau por
detrás. Vólvese e eilí taba a mau sin
o corpo de Regina, chea de sangre mais inda ca sortixa que en prenda
primeira o día da festa lle dera…

Versión personal arreglada de la leyenda de Bécquer (La corza Blanca)





























viernes, 24 de diciembre de 2010

O HOME EGOISTA



Todas as tardes, o saír da escola, os ninos IBAN pasa-lo  tempo nunha campa con horto o pé dunha casa muy grande onde vivía un hometón solo.Era grandón  ye muy  desaborido que sempre parecía tar de mala ostia ye que por aquel tempo marchara fora. 

A campa era ampla ye chea de herba verde onde medraban as papoulas  na primavera. Tamén tiña  mutos  frutáis no horto que no outono taban cargados de frutos do país . .

Os paxaros pousábanse nas ramas dos caroceiros  ye  cantaban tan ben  que os ninos parábanse nos sous rebincos pra escutialos.

- ¡Qué ben tamos eiquí! – falaban entre eles..


Un día o home  volveu. El fora ver  o sou amigo, o Ogro do Corno Maldito , ye parara con él por sete anos. Pasado este tempo, ya  dixera todo o que tiña que dicir, pois a súa conversa era limitada, ye decidiu volver pra súa casa. Cuando chegou, viu os  ninos rebincando  na campa.

- ¿Qué táis facendo eiquí? – Berroulles co sou vozarrón ronco. Ye os ninos escaparon a todo correr.

"A miña campa é a miña campa", dixo o hometón. “Tedes anos pra entender as cousas ye eu non quero que naide pise  eiquí drento.”

Ye  fixo  unha parede alta todo  orredor e puxo  unha placa:

Ningunha entrada.
Os que entren  irán o presidio

Ye é que o  home sobráballe  egoísmo

Os ninos pobres non tiñan  ya  lugar pra recrearse.

Tentaron de divertirse no camín pero taba tan cheo de pedras que non podían correr sin cayer mutas veces.. Ye andaban o pé da parede dicíndose :


- Que ben o pasabamos  eilí -

Despois chegou a primavera ye todo o país taba cheo de flores ye paxaros. Sólo  na campa do home Egoísta índa non pasara o  inverno.



Os paxaros non  cantaban  nela porque non había ninos escutiando ye os caxigos íbanse secando. En cuanto brotaba unha flor na campa ye vía a placa  volvía a enterrarse  entre a neve ye a xeada.



"A Primavera ya non brota máis nesta campa", berraban. "Poderemos vivir eiqui todo o ano"

A neve cubriu o prado  dun manto blanco ye os frutáis pintáronse de plata. Dixeron que iban invitar o Vento do Norte  ye  o Vento acetou. Chegou  ye taba xiulando  todo o día ye tirou as tapas da chemineia da casa.

"Este é un lugar maravilloso", dixo. "Temos que invitar tamén o Granizo"

Despois veu o granizo. Todo o día, durante tres horas dedicabase a tocar o tambor enriba do lousado da  casa  hasta  que rompeu as mairandes lousas, ye logo empezou a andar por  toda a campa correndo todo ó que podía. O sou alexo ó punto de namais  sair taba xeado.

"Eu non podo entender como  a primavera é tan tardía este ano", dixo o home Egoísta, o asomarse a ventá   ye ver o sou horto  xeado  ye ya queimado. -¡ Espero que  veña pronto o cambio de tempo!

Mais nunca chegou a primavera nin o vrau tampouco. O outono dou frutos dourados pra todos os Hortos , mais o do Home Egoista  non dou  ningún.



Así, foi sempre na casa de inverno do home grandón .O Vento do Norte, cheo de  neve  bailaba entre os frutáis.

-Podera ser que non chegue a Primavera porque eu soy demasiado egoista- díxose o Home.l

Unha mañá, o Home  taba deitado  na súa cama, cuando sentíu  un canto que soaba  tan melodioso  que pensou que sería o rei dos músicos que por eili pasaban. Mais solo fora unha pardala o pé da  súa ventá, pero foi así por muto tempo, hasta que  pouquin a pouco o Granizo parou de bailar ye o Vento do Norte parou de xiular ye un delicado olor entrou polas ventás abertas da casa
.

"Por fin vexo  que a Primavera chegou", dixo o home saindo da cama ye mirando pra fora. Ye o que viu era unha maravilla.


 Por un furaco aberto na parede os ninos entraran no Horto, ye taban sentados nas brancas dos frutáis cada un deles con un nino. Ye os frutáis taban tan contentos  de telos de volta , que foron poñéndose cheos de  flores .



Os paxaros voaban ye conversaban con ganas  por todos os rincois do horto. 
Solo nunha  esquina índa era inverno. Era o sitio  máis apartado do horto ye eilí taba un nino moi novo. Tan pequeno que  non podía chegar as ramas máis baxas do caroceiro, ye púxose a chorar  amargamente. O pobre caroceiro taba índa cuberto de neve ye de xeo, ye o Vento do  Norte soplaba ye xiulaba por entre as súas ramas.

- Sube ninín! - Dixo o caroceiro , ye ofreceulle   as súas ramas tan baixo como pudo, mais  o rapaz era muy  pequeno. O corazón do home  ablandouse o ver este  espectáculo.


- ¡Como teño sido egoísta !", dixo. "Ahora  podo entender por qué a primavera non viña  por eiquí. Vou poñer o pobre enriba do caroceiro ye desfacela parede
Pra que o meu horto volva a ser o sitio de recreo dos ninos pra sempre máis.
O home taba ben  arrepentido do que fixera.

Ye saíu fora ó horto mas os ninos escaparon correndo,  ye no horto volveo a ser Inverno.

Solo quedou o pequeno que choraba o pé do caroceiro. O home volveu a poñelo enriba ye no momento volveu a florecer  ye a encherse de paxaros cantando.

Entonces o neno abrazouse o home ye doulle un bico na cara.

Cuando os outros  ninos viron que o home ya non era malo volveron a entrar ye   a primavera volveu correndo con eles.

"De ahora en adiante, este é o voso horto, queridos fillos", dixo o home, ye con un mazo tirou toda a parede. Ye cuando a xente volvía do traballo pra casa atopoaron o home que taba divirtíndose cos ninos no horto que poñerase máis lozano como nunca antes o viran.



Cuando chegou  o tempo de volver pra suas casas o home preguntoulles :

"¿Pero onde tá o voso  pequeno compañeiro, o nino que  eu ó subira ó caroceiro ? -

O home  quería máis a éste, desde que o bicara.

Desapareceu ye non sabemos donde tá-
-
"Teis  que dicirlle que veña  mañá, sin falta", dixo o home.

Mais  os ninos dixeron que non  sabían onde vivía ye que  nunca antes o viran. O Home quedou muy  triste.

Todas as tardes, cuando era o recreo  na escuela, os ninos íban pasalo co home.. Pero o rapaz, a quen máis  quería , non fui visto de novo. O home  era muy bueno  con todolos  ninos, mais perdeu o sou primeiro amigo ye mutas veces falaba dél.

- Como quixera  velo! – Taba sempre dicindo.

Os anos pasaron ye o home tábase quedando  cada vez máis vello ye flacallo. Non podía tomar parte nos recreos ye quedábase  sentado nun escano mirando pro horto.

"Teño mutas flores bonitas", dixo "mais  os ninos son as que  máis"


 Unha mañá de inverno, él mirou pola ventá mentras se vistía. El ya non odiaba o inverno, sabendo que a primavera tá sólo durmindo  ye volvería  despertarse no tempo das flores.

De repente restregóuse os ollos ye mirou sin crer o que vira... ye mirou outra vez. Era unha visión verdadeira . Na esquina máis apartada  do horto  había un caroceiro  todo florecido.  O pé dél taba o nino que  que tanto quería.

O home  baxou correndo as escaleiras con grande alegría ye entrou no horto . Correu precipitadamente pola herba ye chegou donde o nino. Cuando taba con él, a súa cara púxose roxa  de rabia ye dixo:




- ¿Quen tuvo o atrevemento de mancarte desta manera? – Berrou o Home.
-         
-          Tiña o pequeno  furadas as   palmas das súas maus con dos grandes clavos ye  tamén nos peis .
-         
-         " Dime quen cho fixo pra que poda matalo ca miña escopeta".

"Non ó ", respondeu o nino" xa que estas son as marcas  do amor"

- ¿Quen eres logo? - Dixo o home , ye un extraño medo apoderouse dél, facéndoo cayer de rodillas  diantre do pequeno.

E o neno sonriu o Home ye díxolle:
-         
-          :

"Unha vez que me deixou entrar  no sou horto , ahora veña conmigo ó meu horto que é  o paraíso"

E cuando os outros ninos chegaron naquela tarde, atoparon o Home  morto o pé do caroceiro , debaxo dun cobertor de flores blancas.


(traducción adaptada del cuento de Navidad de Oscar Wilde: El Gigante egoista)
Escuchar
Leer fonéticamente


 



viernes, 22 de octubre de 2010

O edén do Walí




Fai mutos anos, cuando Almanzor conquistou as terras astur-leonesas, gobernaba na maragatería un Walí que tiña muto poder ye riquezas.

Nas súas correrías pola comarca chegou o pueblo de Turienzo ye gustándolle o sitio fixo dél unha segunda residencia pro sou deleite ye descanso.

Como él era de Granada quixo convertir este pueblo en outro Generalife, ye mandou facer unha explanada ye construir nela fontes arabescas ye plantar palmeiras, moureiras ye todo tipo de frutáis , todo regado polas augas do riu
Turienzo.


Paraba no Torreón dos Osorio ye dende eilí impoñía os somozanos ( Turienzo tá na comarca maragata da Somoza) os sous rezos ye cantos ye a poligamia mahometana.

Os homes non lles gustaban esas cousas nin tar debaixo do extranxeiro Walí , ye fuxiron cos sous gados ye facendas pros montes de máis o Norte onde inda non chegaran os moros, ye pararon  nas ribeiras altas do riu
Burbia onde asentáronse facendo aldeas. Ye eilí refixeron a vida.


Entremedias  en Turienzo  o walí taba muy contento co sou edén ye pensando que un paraíso sin huríes non tiña gracia pra Alá (nin pra él) mandou a parte dos sous guerreiros ir buscar rapazas cristianas por todo lo territorio escollendo as máis feitiñas ye inxeniosas

Foron pois  unha partida de moros buscalas chegando hasta o Cantábrico. Eili, na terra dos pasiegos quedaron prendados das mozas pastoras que lles pareceron non ter igual.


Así logo  escolleron un par de docenas de mozas ye escaparon con elas dando a volta pra Turienzo. Ye cruzando valles ye montes chegaron os Ancares . Ye pararon nun sitio entre dous ríus que lles pareceu endoado pra descansar algúis días.



Non pasaran inda dous cuando viron vir un pescador da Villa que lles dixo que os moros quedaran desfeitos en Clavijo ye que o walí de Turienzo morrera na batalla

O sentir esto pensaron os guerreiros que ya non tiña sentido levar as mozas máis aló ye as deixaron no que despoís chamouse a Somoza Berciana.

Ye daquelas mociñas primeiras vein as vilaregas de hoy en día.



viernes, 15 de octubre de 2010

A raposa ye a culebra




Cuntan que un paisanín  de Vilar, un día de primavera   cuando iba pras terras  de patacas de Lentelláis  co carro cheo de abono po lo  Pousadoiro , viu unha culebra  que quería sair do furaco  entre duas penas onde se metera pra pasar a estación fría,   ye non podía sair porque habíase engordado  muto no sono do inverno.

Dóulle pena da culebra ye collendo unha forquita  do carro ,meteu o mango polo furaco ye  pudo levantar algo a pena de por riba  A culebra saíu libre.

Iba o home a sacala forquita  cuando a culebra poinse cara él ye dícelle que, como ten fame atrasada, vai  matalo co sou veleno  ye comelo eilí mismo. Porque é verdai –dixo-  que  neste mundo págase mal por ben  ye o revés. Logo é de razón  comerte pra mata-la fame.

Ye senón vamos preguntrar os tres primeiros que atopemos  a ver si é de  razón que te coma. “Si dous deles tan a favor  cómote  ye si non poderás irte libre.


Pasou primeiro un xabarín  que doulle a razón a culebra. O mismo fixo un lobo que pasou o segundo dicindo que non podía irse contra o destino ye na terra de lobos había que aullar como todos. 

Ya tiña o home a condena segura pero ascasí  pidiulle a culebra que preguntara tamén o terceiro que resultou ser unha  raposa.

Púxose a pensar  a raposa ye dixo que pra facer ben as cousas había que empezar po lo pincipio ye revivir os feitos. 

Tuvo conforme a culebra ye volveu a meterse no furaco pra que a raposa  podera dar  a súa opinión con fundamento. Mais o home aproveitou pra quitala forquita  ye, o xuntarse as duas penas outra vez, quedou a culebra layando drento, onde en pouco tempo  morreu de fame.

Doulle as gracias o home a  raposa ye  dícelle que lle pidira algúa cousa que lla daría con gusto en pago do gran  favor  que lle fixera.

A raposa responde que muto lle gustaría  cear unha pita ca súa polada

Acetou o  home  ye dixo que iba o  sou corral  po-los polos ye a pita  ye que esperase un pouquín de nada  que pronto volvería.




Deilí a pouco volve o home con un cesto tapado con  herba da corte ye  dícelle a raposa : Tu baxa o prado xunto o riu  que   que eu  vou tirando os polos ye tamén  a pita.

Váise a raposa relamíndose  ye cuando chega o prado ,  o home destapa o cesto ye salta un lebrel  que , o ver a raposa , saíu disparado tras ela, que mentras  escapaba  iba dicindo:


Arriba patas
Arriba zancas
Que neste mundo
Todo son trampas.

(versión personal de un cuento ancarés recogido por  AQUILINO PONCELAS )