Visitas

contador de visitas .

viernes, 15 de octubre de 2010

A raposa ye a culebra




Cuntan que un paisanín  de Vilar, un día de primavera   cuando iba pras terras  de patacas de Lentelláis  co carro cheo de abono po lo  Pousadoiro , viu unha culebra  que quería sair do furaco  entre duas penas onde se metera pra pasar a estación fría,   ye non podía sair porque habíase engordado  muto no sono do inverno.

Dóulle pena da culebra ye collendo unha forquita  do carro ,meteu o mango polo furaco ye  pudo levantar algo a pena de por riba  A culebra saíu libre.

Iba o home a sacala forquita  cuando a culebra poinse cara él ye dícelle que, como ten fame atrasada, vai  matalo co sou veleno  ye comelo eilí mismo. Porque é verdai –dixo-  que  neste mundo págase mal por ben  ye o revés. Logo é de razón  comerte pra mata-la fame.

Ye senón vamos preguntrar os tres primeiros que atopemos  a ver si é de  razón que te coma. “Si dous deles tan a favor  cómote  ye si non poderás irte libre.


Pasou primeiro un xabarín  que doulle a razón a culebra. O mismo fixo un lobo que pasou o segundo dicindo que non podía irse contra o destino ye na terra de lobos había que aullar como todos. 

Ya tiña o home a condena segura pero ascasí  pidiulle a culebra que preguntara tamén o terceiro que resultou ser unha  raposa.

Púxose a pensar  a raposa ye dixo que pra facer ben as cousas había que empezar po lo pincipio ye revivir os feitos. 

Tuvo conforme a culebra ye volveu a meterse no furaco pra que a raposa  podera dar  a súa opinión con fundamento. Mais o home aproveitou pra quitala forquita  ye, o xuntarse as duas penas outra vez, quedou a culebra layando drento, onde en pouco tempo  morreu de fame.

Doulle as gracias o home a  raposa ye  dícelle que lle pidira algúa cousa que lla daría con gusto en pago do gran  favor  que lle fixera.

A raposa responde que muto lle gustaría  cear unha pita ca súa polada

Acetou o  home  ye dixo que iba o  sou corral  po-los polos ye a pita  ye que esperase un pouquín de nada  que pronto volvería.




Deilí a pouco volve o home con un cesto tapado con  herba da corte ye  dícelle a raposa : Tu baxa o prado xunto o riu  que   que eu  vou tirando os polos ye tamén  a pita.

Váise a raposa relamíndose  ye cuando chega o prado ,  o home destapa o cesto ye salta un lebrel  que , o ver a raposa , saíu disparado tras ela, que mentras  escapaba  iba dicindo:


Arriba patas
Arriba zancas
Que neste mundo
Todo son trampas.

(versión personal de un cuento ancarés recogido por  AQUILINO PONCELAS )

jueves, 29 de julio de 2010

ROMANCE DEL NIÑO Y EL MILITAR

                                         Sentido cantar en castellano a  JESUSA PONCELAS  (adaptación in memoriam)











Poñan atención señores   o que lles veño a cuntar


O caso que lle pasara   a un cumplido militar



N’unha estación de Alicante   un tren colle un militar

En un coche de segunda   ye que pra sua casa vai.

Cuando vai querer sentarse   quédache o mozo mirando

Pra unha señora muy guapa   que levaba un nino  en brazos



A señora lle pregunta   -¿ vai para casa de permiso?

Ye o militar lle responde   -Non señora vou cumplido

A señora lle pregunta   -¿de ónde será o militar?

-Soio de Almaden da Mancha   provincia Ciudad Real

Ye miñas señas son éstas:    chámome José Jiménez

Vivo na calle Mayor   número cuarenta e nove



A señora lle pregunta   ye lle dice estas palabras

-¿Me quer aguantar o nino   mentras baxo a beber auga?

Pásanse cuatro estacióis   ye a señora non volveu

Ye o militar c’aquel nino.   -Ahora eu que vou facer

Quédase mirando o nino   ye díce  -non volve a madre.



Viu que na sua mau direita   leva colgada unha chave

Cóllelle a chave o nino   colle e ábrelle a maleta

Ye dentro de alguis papeis    encontra dez mil pesetas

Ye nos papeis que decía:   É pra crianza do nino

Si non lle chegan os cuartos   publiqueno no diario



O chegando na estación   donde todos o esperaban

O verlo con aquel nino    a madre lle preguntaba

Ye a  novia foi saludalo    falámdolle  estas palabras

-Este nino de quén é   tu me teis ben engañada


Desde a estación hasta o pueblo   cúntalles o que pasaba

Cómo lle deran o nino   ye as perras que lle deixara

Preparan pra a sua boda   Ye muy pronto se casaron

Ye colleron aquel nino   Ye a biberón o criaron

O cumplir os 15 anos   méteno nun buen taller

Pra  que aprendera un oficio   que eran os deseos dél



Cuando o rapaz tuvo oficio   quixo irse a Barcelona

Ye colocouse de chófer   con unha noble señora



Ya levaba varios meses   sirvindo naquella casa

Dábanlle mutos regalos   Polo ben que se portaba.



Un día aquela señora   O reclama o sou despacho

-Escutia que vou falarte   Escutia cómo te falo

Si tu te casas conmigo   Como hoy non teño mais nadie

Todo este meu capital   Será tou ye pra os tous padres.



A señora lle pregunta   Co mairande sentimento

- ¿ non ten usté padre e madre?  Eu guardarei o secreto.

-Si señora teño padres   Mais muy buenos non serán

Que cuando eu era un ninín   Me deron a un militar



-Fillo do meu corazón   Non o fixe a mala fé

Fixelo por lles salvar   A honra da mia familia

Pero vasme perdonar   Perdona querido fillo

Que non fun tan mala madre   Que por eso deixei perras

pra que te criaran ben.   Ye a os que tan ben te criaron

Quero pedirlles perdón   Ye tamén agradecerlles

Este tan grande favor

Homes mulleres ye ninos   Xentes que esta historia oís

Si entendéis o que vos digo   Non o deixéis de decir.

ROMANCE DEL MAESTRE DE SANTIAGO




Romance del  del Maestre de Santiago
Por Antolina



                                                                       


Dia de todos os Reis


Primeira festa do ano

Todas damas e doncellas

O Rei pídenlle o aguinaldo

A non ser doña María

Que as portas quedou do atrio


- ¿Qué pides doña María

Que pides por aguinaldo?



-O que eu pídoche meu Rei

Que me has de dar de aguinaldo:

Pídoche unha cabeza

A do maestro Santiago.



As cabezas de homes buenos

Non se dan por aguinaldo

-¡correi correi meus criados

Correndo vais degollarlo!



Matáronlo ye a cabeza

A María lla cimbraron



María c’aquela rabia

Tiróula os perros de amo

Os perros anque eran perros

Levaronla pro sagrado

Cas patas fixeron tumba

Ye co fucín a enterraron

viernes, 23 de julio de 2010

Romance de Don Bernardo (Por Magín)








-Mátala Bernardo, mata a tua María


que con un galán, vina o outro día



Eso non cho creio, nin pódolo crer

que eso non o fai a miña muller



-Eso sí que o creies, que pódeslo crer

que eso sí que o fai a tua muller

pois co sou galán eu volvina a ver



-Súbete María, súbete o Castillo

mentras eu aguzo meu novo cuchillo



Mama nino mama, non deixes nin gota

que esta a tua madre non che dará outra



Báixate María, baixa do Castillo

pois ca tua dulzura, lévasme vencido

viernes, 2 de julio de 2010

O renubeiro da Serra

                                                                     
O renubeiro da Alzada por Delmiro Pérez Alonso Unha vez taban mallando eilí enriba –nós tiñamos antes unha alzada, ye temos unhas cabañas-. Eilí hay muta pradería ye antes sembrábase centeno ye hallábase a pau, pero é muy largo ye costo o camín ye leva cegar tres horas a pé co carro desde esquí. Ye taban mallando ye no momento preparóuse o trueno; ye claro, había un renubeiro eilí que non sabían o que era. A xente que había eili non sabía que era o renubeiro. Ye entonces pois preparóuse a nubre cuando a xente taba mallando- mallábase inda a pau, a pértiga, ye claro, a nubre iba descargar. Entonces saíu o renubeiro ye acenoulle  así: -Adelante Pedro con las mulas. Ye a nubre non podía andar mais porque iba muy cargada de pedra ye responde: -No puede, que revienta O renubeiro: -¡Si revienta que reviente; tú tira palante! Ye non descargou eilí, fíxolo mais adiantre , pro Corno Maldito que é un pico que hay por riba de Campolauga, muy alto. Ye na Alzada de Vilar por entonces siguiu a malla en paz.

domingo, 20 de junio de 2010

O lobo ye a Ovella



Por Alfredo Poncelas.
(In Memoriam)

Ehí por abaxo temos un muín que ten un prado grande o lado. Ye había unha ovella con un cordeirín pastando eilí.

Como ya se facía de noite, o cordeirín desconfiaba que iba vir o lobo ye decíalle a mai:

-Vamos madre, que vai vir o lobo.

Ye a ovella respondíalle:

-Pace, pace outro pouquíchín.

Ye a ovella veña comer, veña comer... Cuando pasaba un pouco, o cordeirín outra vez:

-Vamos madre, que vai vir o lobo.

-Pace, pace outro pouquichín.

Ye así deste xeito hasta que chegou o lobo. Entonces botáronse a correr, pero a ovella douse conta de que o lobo corría máis, ye díxolle o lobo:

Mira agárrate ehí o rodesmo do muín, ye eu bótoche o cordeiro pola canal.

Ye bueno, o lobo foi e abrazóuse o rodesmo do muín; ye entonces a ovella e ver de lle botar o cordeiro, botóulle a auga.

Entonces o muín empezou a dar voltas, a dar voltas ... Ye o lobo dicíalle:

-¿Para bailón se queres ou non,
  para bailón se queres ou non...!
  ¡Para tarabelo
  ye senon que te leve o demo!

Hasta que morreu eilí o lobo dando cabezadas contra as paredes do muín.